resulta clarificadora;
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjLUaj3dEhcWBwXT2hltClRwdx-BJOL-9GS7n04ZRt1K6QBHf-HU0U4BjevyCs91MRtR5mdD5pOM73f2WrsKMYjSqLH5KkPW1zgoocvezZtPXNXoQU5jAE_VGgjRkUFU8SPAClUZrw5z_Q/s320/principito.jpg)
-Debuxame un cordeiro!(.....)
Entón debuxei.
O homiño mirou atentamente.
Despois dixo:
-¡ Non!Este cordeiro está moi enfermo.
Fai outro.
Eu debuxaba.
O meu amigo sorriu amablemente,
con indulxencia;
-¡Ves?...Non é un cordeiro; é un carneiro.
Ten cornos...
Refixen, pois, outra vez o debuxo.
Pero rexeitouno como os anteriores;
-Este e demasiado vello. Quero un cordeiro que viva
moito tempo.
Entón , impaciente, como tiña présa por comezar a desmontar
o meu motor, fixen este debuxo.
E díxenlle:
- Esta é a caixa. O cordeiro que queres está dentro.
Quedei verdaderamente sorprendido ao ver iluminarse o rostro
do meu novo xuiz:
-¡É exactamente como o quería!