Co alumnado de 4º da ESO iniciamos este curso un PODCAST:
A SAL DA TERRA
Pensamos en crear uns relatos emotivos
onde "encarnar" a
mulleres significativas da historia contemporánea.
A muller esa figura oculta nos libros de texto,
queremos comprendela e valorala,
coas súas luces e sombras.
Abordamos o relato dende a emoción,
narrando a historia vital de mulleres
tan diferentes e a vez tan similares.
A esencia humana é inmutable: a capacidade de superación,
o sufrimento, a ilusión , o propósito...son unha
constante nas historias.
Aquí está a primeira: OLYMPE DE GOUGES.
Marie Gouze, máis coñecida por Olympe de Gouges,
foi unha pioneira dos dereitos femininos.
Durante a Revolución Francesa( s.XVIII)loitou
ata entregar a súa vida. Escribiu o Primeiro Manifesto
"Dereitos da Muller e da Cidadá"
Aquí reclamou un trato igualitario da muller
en relación ao home, en todos os aspectos da vida
tanto públicos como privados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario