Morreou hoxe en Milo, Sicilia.
Enamoreime definitivamente en Italia.
En Siena compramos un CD
que nos acompañou
en toda a nosa estancia.
Firenza, San Gimignano,Volterra, Monteriggioni,
Cartona...
A súa música espiritual e humanista
crea unha conexión coa transcendencia,
abre unha porta á dimensión profunda
e verdadeira da existencia humana.
Expresa un sentimento fraternal e esperanzado
da vida
e da humanidade.
Multiculturalidade cantada en letras
de diferentes idiomas,
sons...
creando un sentimento de unidade e riqueza na diversidade.
A mensaxe final, unha esperanza
para tod@s
"RENACEREMOS"
"TORNAREMO ANCORA".
No hay comentarios:
Publicar un comentario