jueves, 4 de abril de 2013

"OS GRITOS DO SILENCIO", Roland Joffé

Neste corto da película " Os gritos do silencio", 1984,
podemos ver a vida nos campos de traballo
camboyanos, controlados polos jemeres .





 Pol Pot, instaura o que denomina " Ano Cero",
unha dictadura marxista de corte agrario, vaciando
as cidades e creando monstruosos campos de traballo.
Iníciase a máis espantosa forma de terror na historia moderna.
Baixo o seu réxime tivo lugar o máis cruel e calculado
xenocidio do século XX, sobrepasando a moustruosidade
nazi, estalinista ou maoista.


lunes, 1 de abril de 2013

POR QUE ESCOLLER HISTORIA DA ARTE COMO OPTATIVA EN 2º BACH?

Por que?
PARA VIAXAR MIRANDO

Viaxaremos polas diferentes etapas da historia,
diferenciaremos os momentos artísticos e as
múltiples  motivacións creativas.

MIRAR, a obra de arte, nos axudará a entender
máis a necesidade de transcender e de
liberar emocións .


Pero esta viaxe non está exenta de riscos.
Este blog recorda como sinal de identidade,
a frase do arquitecto da Secesión de Viena,

OTTO WAGNER 
"SINE ARTE SINE AMORE, NON EST VITA".

Anímovos a que provedes,
pero non asumimo as consecuencias.



"A beleza produce sempre tormento.
Quen puido gozar dela, 
aínda que fose só nun momento pasaxeiro,
sofre, prisioneiro da fealdade cotiá.
Canto máis profundamente
se percibe a beleza,
tanto máis amargo resulta a dita dor.
O que nunca entrou nese mundo, 
non sofre nin padece as súas consecuencias.

     ALVAR AALTO; Arquitecto finés

E agora dúas presentacións para abrir boca: