Non consigo ver o final da "Lingua das Bolboretas"
sen sentir unha emoción enorme.
A impotencia, o medo e a deshumanización
froito da imposición ideolóxica.
O terror como arma para paralizar
e obrigar a priorizar a supervivencia.
Ese era o mundo no que creceron
as xeracións da guerra e da
posguerra.
" A Lingua das Bolboretas",
está baseado no libro de Manuel Rivas,
"Que me queres, amor?".
Narra a cotidianidade galega en 1936.
Mostra o labor da nova educación.
Decenas de mestres apoiaron as labores
educativas republicanas.
Grazas a esta labor foi posible
a alfabetización do pobo.
Este labor foi cruelmente reprimida
polo franquismo, quen levará a cabo
un castigo cruel, sistemático e ordenado
contra os mestres.
No hay comentarios:
Publicar un comentario