jueves, 28 de mayo de 2020

RECURSOS PARA OS TRABALLOS DE 4º DE ESO

1.- A GUERRA FRÍA: O MURO DE BERLÍN

Un infranqueable pano de aceiro, en palabras de Winston Churchill,
dividiu Europa e o mundo enteiro.







2.- OS CONFLICTOS DA GUERRA FRÍA:
  
    VIETNAM: No territorio da colonia francesa de Indochina,
ao rematar a Segunda Guerra Mundial iniciouse unha longa guerra,
primeiro contra Francia e logo contra os Estados Unidos.
Un clásico do cine: APOCALYPSE NOW  é unha película americana de 
1979, dirixida por F.Ford COPPOLA, que representa as atrocidades
do que foi este conflicto, o "horror".
  O guión está baseado na obra "corazón das tebras", de Joseph Conrad.
Ambientada nos abusos brutais coloniais no Congo Belga. É unha 
película de culto, moi interesante de ver.



  A CRISE DOS MISILES  : en 1959, a guerrilla revolucionaria de Fidel Castro
fíxose co poder en Cuba. A súa política de nacionalización dos recursos económicos 
provocou a hostilidade do goberno de Estados Unidos, que declarou o boicot
económico a Cuba.
O goberno soviético ofreceu a súa axuda ao réxime de Castro.
Un momento de máxima tensión entre os bloques foi a Crise dos Misiles.

3.- A DESCOLONIZACIÓN: CONFLICTO  PRÓXIMO ORIENTE.

Ao rematar a Segunda Guerra Mundial, na zona de Oriente Próximo, a presenza
colonial presentaba formas diversas.

Existían países independentes, como Irán e Iraq, baixo a influencia británica,
e algúns protectorados franceses ( Siria e Líbano) e británicos (Xordania e Palestina).

A situación máis complexa dábase en Palestina, onde un elevado número de po-
boación xudía aspiraba a crear un Estado propio. Esta demanda fíxose moito máis forte 
cando algúns países apoiaron a creación do Estado de Israel como unha compensación
polo Holocausto .

A creación de Israel contou desde o primeiro momento coa oposición dos países 
árabes e a poboación musulmá de Palestina, que se enfrontaron belicamente ao novo 
Estado.
Este feito iniciou un conflicto que pasou por diferentes fases, e que se mantén 
vixente ata os nosos días.
É unha das cuestión máis graves e enquistadas da política internacional.

Estes videos ilustran dunha forma obxetiva a oríxe do conflicto. Pero hai un dato
que é interesante resaltar: cando se crea o Estado de Israel por a resolución da ONU,
en 1947 o territorio adxudicado aos xudeos era o 55% coa particularidade do dominio
de practicamente toda a zona costeira. A costa mediterránea oviamente é un valor 
importantísimo para calquer estado da zona. O reparto parte dende o seu inicio dunha
clara desigualdade.  O primeiro video ilustra claramento con mapas todo o proceso,






 4.- FIGURAS CLAVES DA DESCOLONIZACIÓN:

    - MAHATMA GANDHI




- PATRICE LUMUMBA:

Patrice Lumumba é unha figura que emociona.
A valentía en denunciar os abusos cometidos polos belgas durante a colonización
e a negativa a aceptar o dominio económico posterior a descolonización firmaron
a súa sentencia de morte.

As imáxes do seu arresto son conmovedoras. A súa camisa branca e o seu
estupor e impotencia nos recorda o cadro de Goya " Os fusilamentos do 3 de maio".
Novamente " Impotencia ante a barbarie".


No hay comentarios:

Publicar un comentario