martes, 7 de abril de 2020

2º BACH. A GUERRA CIVIL: O INICIO DO PENSAMENTO ÚNICO.

"A lingua das Bolboretas"

Non consigo ver o final da "Lingua das Bolboretas"
sen sentir unha emoción enorme.
A impotencia, o medo e a deshumanización
froito da imposición ideolóxica.
O terror como arma para paralizar
e obrigar a priorizar a supervivencia.

Ese era o mundo no que creceron
as xeracións da guerra e da
posguerra.

" A Lingua das Bolboretas",
 está baseado no libro de Manuel Rivas,
"Que me queres, amor?".
Narra a cotidianidade galega en 1936.
Mostra o labor da nova educación.

Decenas de mestres apoiaron as labores
educativas republicanas.
Grazas a esta labor foi posible
a alfabetización do pobo.

Este labor foi cruelmente reprimida
polo franquismo, quen levará a cabo 
un castigo cruel, sistemático e ordenado
contra os mestres.

lunes, 6 de abril de 2020

domingo, 5 de abril de 2020

EDUARDO AUTE, "A BELEZA"

Onte morreu L.Eduardo Aute.
Este poema é sublime.

"Revindico el espejismo
de intentar ser uno mismo,
ese viaje hacia la nada
que consiste en la certeza
de encontrar en tu mirada,
LA BELLEZA..."

Boa viaxe!




viernes, 3 de abril de 2020

4º ESO. NOVO TEMA

Vamos comezar novo tema.

TEMA 9: ESPAÑA NO PRIMEIRO TERZO
DO SÉCULO XX(1902-1939)

Vamos iniciar o tema coa
a crise da Restauración.
Alfonso XIII inicia o seu reinado
en 1902. Este feito coincide coa forte
crise provocado polo desastre de
1898 ( pérdida das colonias).
Para contestar as preguntas
da aula virtual sobre a
SEMANA TRÁXICA DE 1909
E A CRISE DE 1917:

MIRA ESTE VIDEO , dende o minuto 28

2º BACH- NOVO TEMA : A GUERRA CIVIL.

Vamos comezar un novo tema.
A GUERRA CIVIL.
Tema clave e dramático.
 Sería interesante que traballarades neste novo tema,
empezando por interiorizar o esquema.
Empezamos coma sempre co esquema conceptual.
A semana seguinte a Semana Santa,
faremos as prácticas de profundización
de contidos.
TRABALLO DE SEMANA SANTA: INTERIORIZAR ESQUEMA.

ÁNIMO E SAÚDE PARA TOD@S


FRASE DO DÍA

Cando o que podemos facer para axudar
é quedarnos na casa.
Os paxaros cantan máis alto ou é que
non se escoita o ruído dos coches?

"Levanteime esta mañá, 
sorrín co SOL NACENTE,
tres paxariños achéganse ao limar
da miña porta, cantando cancións doces,
con melodías puras e verdadeiras.

Dicindo: esta é a miña mensaxe para tí".

"NON TE PREOCUPES POR NADA,
TODO ESTARÁ BEN".