miércoles, 23 de junio de 2021

PODCAST : A SAL DA TERRA

 

Co alumnado de 4º da ESO iniciamos este curso un PODCAST: 

A SAL DA TERRA

Pensamos en crear uns relatos emotivos 

onde "encarnar" a mulleres significativas da historia contemporánea.

A muller esa figura oculta nos libros de texto,

queremos comprendela e valorala, 

coas súas luces e sombras.

Abordamos o relato dende a emoción,

narrando a historia  vital de mulleres 

tan diferentes e a vez tan similares. 

A esencia humana é inmutable: a capacidade de superación, 

o sufrimento, a ilusión , o propósito...son unha

constante nas historias.

Aquí está a primeira: OLYMPE DE GOUGES.

Marie Gouze, máis coñecida por Olympe de Gouges,

foi unha pioneira dos dereitos femininos.

Durante a Revolución Francesa( s.XVIII)loitou

ata entregar a súa vida. Escribiu o Primeiro Manifesto

"Dereitos da Muller e da Cidadá"

Aquí reclamou un trato igualitario da muller 

en relación ao home, en todos os aspectos da vida

tanto públicos como privados.


martes, 18 de mayo de 2021

FRANCO BATTIATO, "Tornaremo ancora"

Franco Battiato está de viaxe. 
Morreou hoxe en Milo, Sicilia. 
Enamoreime definitivamente en Italia. 
 En Siena compramos un CD que nos acompañou 
en toda a nosa estancia. 
Firenza, San Gimignano,Volterra, Monteriggioni, Cartona... 
A súa música espiritual e humanista 
crea unha conexión coa transcendencia,
abre unha porta á dimensión profunda 
e verdadeira da existencia humana. 
Expresa un sentimento fraternal e esperanzado da vida 
e da humanidade. 
Multiculturalidade cantada en letras de diferentes idiomas, 
sons... creando un sentimento de unidade e riqueza na diversidade. 
 A  mensaxe final, unha esperanza para tod@s "RENACEREMOS" 
"TORNAREMO ANCORA".

jueves, 13 de mayo de 2021

PARA O ALUMNADO DE 2º DE BACH : O discurso na Universidade de Stanford do fundador de Apple

Independente da controvertida figura de STEVE JOBS. 
Este discurso resulta ,sen lugar a dúbida, inspirador. 
Confía na vida!! Segue fament@, segue aloucad@!!