Fotoperiodista americana, moi coñecida
pola súa obra "Gran Depresión". Reportaxe
fotográfico, encargado pola Oficina
de Administración da Seguridade Agraria.
Estas imaxes tentaron concienciar a población
americana das penalidades que se estaban
vivindo coa depresión.
O capitalismo clásico americano( non intervención
pública e o mercado como regulador da
oferta e a demanda) facía que moitas persoas
foran remisas a que o Estado tomara medidas.
O New Deal (Novo Trato ) ideado por F.D.Roosevelt
expuña unha política de intervención
( obras públicas para dar emprego, subvencións..)
para superar os efectos da Gran Depresión en U.S.A.
Un referente creativo e revindicativo.
DOROTHEA LANGE " Díxome que tiña 32 anos,
e que vendera as rodas do coche para mercar alimentos.
Estiveran vivindo de verduras conxeladas e páxaros mortos.
Alí estaba, sentada nunha tenda cobertizo cos seus fillos,
agochados o seu redor"
No hay comentarios:
Publicar un comentario