italiano, que gobernou España entre o 1939-1975.
Estes vídeos responden as preguntas:
Que réxime político instaurou o franquismo?
VER
Os efectos da Guerra Civil foron devastadores.O país perdeu case un
millón de persoas. Orixinouse unha grande escaseza de produtos
de primeira necesidade. A miseria transformouse nunha realidade cotiá.
Franco baseou a súa política económica na AUTARQUÍA e nun forte
dirixismo económico e intervención estatal. Este vídeo,VER, explica as
características de este modelo económico e os seus resultados reais.
Ante a escaseza xeneralizada, o Estado impuxo cartillas de racionamento.
O racionamento de produtos fixo xurdir o mercado negro o chamado
ESTRAPERLO.Este vídeo, VER, explica a conexión entre autarquía e
estraperlo.
A finais da década de 1950 , o fracaso da política autárquica, a nova situación internacional, e o
descontento popular convenceron ao réxime da necesidade dunha reorientación política e económica.
En 1957 entraron no goberno algúns ministros vinculados ao OPUS DEI, con criterios máis técnicos
e modernizadores. Estos tecnócratas deseñaron o PLAN DE ESTABILIZACIÓN, 1959.
Obxetivo era sustituir unha economía pechada con forte control estatal por unha economía
vinculada ao capitalismo internacional e con maior peso da iniciativa privada. Este video, VER, explica as súas características e resultados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario