O pasado 25 de maio morreu G.Floyd, cidadán estadounidense negro de 46 anos.
G.Floyd morreu, despois de estar 8 minutos inmobilizado co pescozo oprimido
polo axente de policía que o custodiaba.
As gravacións mostran a Floyd implorando ó policía por non poder respirar.
A morte de este home abriu o debate e a indignación. De acorto cos datos
do The Washington Post ao redor de 1254 persoas negras perderon a vida
a mans de axentes da policía dende xaneiro de 2015.
Un horror! Que podemos facer nos?.
A resposta é clara ; concienciarnos e deixar de ser meras observadoras.
A frase de DESMOND TUTU resume a idea" Si eres neutral en situacións
de inxustiza, elixes o lado do opresor".
Unha actitude positiva é formarnos sobre a historia do racismo sistémico
en USA, e no resto do mundo. Que ler?... esta é una proposta:
1.- " Vida y voz de un hombre negro" , MALCON X.
A vida de Malcon X é un exemplo de superación. O libro narra con detalle
como sacou de cada erro unha lección e como evolucionou no seu pensamento
e nas súas reivindicacións raciais.
2.-"Los condenados de la tierra" , FRANTZ FANON.
O autor presenta nesta obra un argumento que abraza a realidade dos oprimidos.
Pioneiro do "Movemento de Descolonización" ,Fanon examina as causas e formas
de racismo.
3.-"La libertad es una batalla constante", ANGELA DAVIS
Angela Davis, filósofa , activista afroamericana antirracista e feminista. Icono dos
Black Panters neste video fala sobre a violencia, a revolución e a realidade que viven
as persoas negras na América dos anos 60 e 70.
Despois de décadas de loita, Angela preguntase " como é posible levantarse e
defender a xustiza solo para un tipo de persoas e permitir que a inxustiza afecte a
outras?"
4.- "Americanah" CHIMAMANDA NGOSI ADIHIE
Chimamanda é una escritora Nixeriana. Americanah" é unha novela sobre o amor,
a raza e o cabelo afro.
Neste vídeo vemos unha conferencia da autora onde reivindica a identidade
e o orgullo racial. Neste discurso, de 2009, salienta o perigo da historia única,
de como crea falsos estereotipos. A historia única crea unha gran dificultade para o
recoñecemento da nosa igualdade humana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario