jueves, 23 de febrero de 2012

LUIS MORENO MANSILLA, un gran arquitecto

Luis Moreno Mansilla morreu onte os 53 anos de idade . Inesperada desaparición dun dos arquitectos contemporáneos máis importantes.
Xunto con Emilio Tuñón son responsables entre outras do MUSAC de León. Ambos arquitectos
foron galardonados por esta obra co premio Mies Van de Rohe, no ano 2007.
O paradóxico é que estaba en Barcelona para asistir a presentación dun libro centrado
na vida e obra de outro arquitecto: Enric Miralles. Miralles moreu de forma inesperada ós
45 anos. Fatal coincidencia!.

MUSAC DE LEÓN












O TURISMO EN ESPAÑA- características e retos


explicación con audio,dende a 6 diapositiva;

viernes, 17 de febrero de 2012

ENTROIDO

Comeza o Entroido, podemos liberarnos do políticamente correcto.
O combate entre Don Carnal e Doña Cuaresma, tema deste cadro de Brueghel o Vello.( 1525-1569)



detalle da obra:

martes, 7 de febrero de 2012

ANTONIO TÁPIES

En Memoria de Antonio Tápies, (Barcelona 1923-2012)
Pintor autodidacta, surrealista nos inicios.Nas primeiras obras influencia de Paul Klee e Joan Miró.
Máis tarde evoluciona cara o Expresionismo Abstracto e a "Arte Póvera".
A súa aportación máis singular, dende 1953, será a técnica mixta; engadindo á obra arxila, trapos..






lunes, 6 de febrero de 2012

O BOSCO, Jerónimo Bosch

O Bosco, pintor neerlandés( 1450-1516) é un referente para o Surrealismo contemporáneo.

Sarcástico,grotesco, e con unha imaxinación onírica, o pintor presenta os males da humanidade.

Os seus cadros están cargados de símbolos
e referencias apocalípticas.