sábado, 23 de octubre de 2021

lunes, 4 de octubre de 2021

O REINO SUEVO EN GALICIA

 Este é un documental de RTG a carta,

fai unha análise do mundo suevo en Galicia.

>VER

martes, 28 de septiembre de 2021

O MONTE MEDULIO, A RESISTENCIA GALAICA FRONTE Á OCUPACIÓN ROMANA

Continúa sendo unha incognita a ubicación do monte Medulio. 
Onde era ese lugar que pasou a historia como un exemplo de resistencia  
fronte a Roma?. 
A localización é confusa, 
neste enlace podedes encontrar argumentos das diferentes 
teorías.
Interesante a última publicación que sitúa o Monte
Medulio en Castelo de Parada, no Pereiro de Aguiar.
Alí aparece unha inscripción en pedra" Sicenata Pacata"
"Vencidos, Pacificados".

Neste enlace podes ler un artígo sobre estes sucesos. 
"Denantes mortos que escravos", 
parece que foi a consigna deste pobo. 
Castelao xa no século XX incorporou esta frase 
ao proxecto de escudo para Galiza.

O esculo esta sostido por unha serea, 
a modo de tenante heráldico. 
A serea é unha figura que aparece en varias lendas galegas, 
unha delas a da illa de Sálvora. 
Mira neste enlace para ter máis información

A INDEPENDENCIA DAS COLONIAS INGLESAS EN AMÉRICA: EE.UU

miércoles, 23 de junio de 2021

PODCAST : A SAL DA TERRA

 

Co alumnado de 4º da ESO iniciamos este curso un PODCAST: 

A SAL DA TERRA

Pensamos en crear uns relatos emotivos 

onde "encarnar" a mulleres significativas da historia contemporánea.

A muller esa figura oculta nos libros de texto,

queremos comprendela e valorala, 

coas súas luces e sombras.

Abordamos o relato dende a emoción,

narrando a historia  vital de mulleres 

tan diferentes e a vez tan similares. 

A esencia humana é inmutable: a capacidade de superación, 

o sufrimento, a ilusión , o propósito...son unha

constante nas historias.

Aquí está a primeira: OLYMPE DE GOUGES.

Marie Gouze, máis coñecida por Olympe de Gouges,

foi unha pioneira dos dereitos femininos.

Durante a Revolución Francesa( s.XVIII)loitou

ata entregar a súa vida. Escribiu o Primeiro Manifesto

"Dereitos da Muller e da Cidadá"

Aquí reclamou un trato igualitario da muller 

en relación ao home, en todos os aspectos da vida

tanto públicos como privados.


martes, 18 de mayo de 2021

FRANCO BATTIATO, "Tornaremo ancora"

Franco Battiato está de viaxe. 
Morreou hoxe en Milo, Sicilia. 
Enamoreime definitivamente en Italia. 
 En Siena compramos un CD que nos acompañou 
en toda a nosa estancia. 
Firenza, San Gimignano,Volterra, Monteriggioni, Cartona... 
A súa música espiritual e humanista 
crea unha conexión coa transcendencia,
abre unha porta á dimensión profunda 
e verdadeira da existencia humana. 
Expresa un sentimento fraternal e esperanzado da vida 
e da humanidade. 
Multiculturalidade cantada en letras de diferentes idiomas, 
sons... creando un sentimento de unidade e riqueza na diversidade. 
 A  mensaxe final, unha esperanza para tod@s "RENACEREMOS" 
"TORNAREMO ANCORA".

jueves, 13 de mayo de 2021

PARA O ALUMNADO DE 2º DE BACH : O discurso na Universidade de Stanford do fundador de Apple

Independente da controvertida figura de STEVE JOBS. 
Este discurso resulta ,sen lugar a dúbida, inspirador. 
Confía na vida!! Segue fament@, segue aloucad@!!

martes, 13 de abril de 2021

A CRISE DO BIENIO REFORMISTA REPUBLICANO: CASAS VIEJAS

Os sucesos de Casas Viejas, " A masacre de Casas Viejas", entre o 10 e o 12 de xaneiro de 1933 iniciou a crise do goberno de Azaña.
VER ESTE ARTIGO

miércoles, 24 de marzo de 2021

BIOGRAFÍA DE AB EL KRIM

VER
Nesta entrevista Luis de Oteyza entrevista a AB EL KRIM en Aydir( Alhucemas) o 2 de agosto de 1922. VER A ENTREVISTA COMPLETA

jueves, 11 de marzo de 2021

SOUL

 PIXAR lévate a unha viaxe para

descubrir as respostas máis importantes

da vida.

Unha opción para a fin de semana VER SOUL

A XERACIÓN FEMININA DO 98

Autoras da xeración do 98 que compartían unha serie de puntos en común:
 -Distinguen entre a España real e a oficial. 
-Interese pola realidade social 
-Pesimismo e actitude crítica. 
-Comparten tese con rexeneracionistas, socialistas e correntes feministas.

lunes, 8 de marzo de 2021

miércoles, 27 de enero de 2021

INICIO DO LIBERALISMO EN ESPAÑA

VER </a>este video de Memoria de España: -Nacemento das dúas Españas: a liberal e a absolutista. -1º Guerra Carlista. -A Constitución de 1837. -As bases das reformas liberais. -Desamortización e a nova organización territorial.

martes, 19 de enero de 2021

AS CORTES DE CÁDIZ E A CONSTITUCIÓN DE 1812

Este documental desenvolve todo o proceso histórico do primeiro terzo do século XIX en España: A guerra da Independencia, o nacemento da España liberal, as Cortes de Cádiz, a Constitución de 1812 e a volta de Ferando VII. VER
Moi interesantes estas reflexións sobre a Constitución de 1812. Os interlocutores son: Antonio Fdez.G.(Uni. Complutense) Francisco Carantoña( Univ. León) Javier Aragón( Universidad de Barcelona)