martes, 18 de mayo de 2021

FRANCO BATTIATO, "Tornaremo ancora"

Franco Battiato está de viaxe. 
Morreou hoxe en Milo, Sicilia. 
Enamoreime definitivamente en Italia. 
 En Siena compramos un CD que nos acompañou 
en toda a nosa estancia. 
Firenza, San Gimignano,Volterra, Monteriggioni, Cartona... 
A súa música espiritual e humanista 
crea unha conexión coa transcendencia,
abre unha porta á dimensión profunda 
e verdadeira da existencia humana. 
Expresa un sentimento fraternal e esperanzado da vida 
e da humanidade. 
Multiculturalidade cantada en letras de diferentes idiomas, 
sons... creando un sentimento de unidade e riqueza na diversidade. 
 A  mensaxe final, unha esperanza para tod@s "RENACEREMOS" 
"TORNAREMO ANCORA".

No hay comentarios:

Publicar un comentario