viernes, 21 de diciembre de 2012

PROPÓSITOS PARA O NOVO ANO

Repito o video das navidades 2011-12.
Necesitamos recordar os própositos do ano pasado.
¿cales estamos logrando?
¿cales temos pendentes?
ánimo, comeza un novo ano!!!!!


.

 Como contéxto, que diríamos nos comentarios de historia, as cousas cada día parece que se poñen máis "costa arriba".
 Miremos con ironía a nosa crucifixión.
 BO NADAL A TOD@S



Unha particular interpretación da boa educacción

Unha señora chama indignada, ao programa
" Pensando en tí" da radio galega,
para queixarse de que o locutor fale en galego.
Frase da dita señora, que merece un marco:
" Usted por educación tiene que hablar el idioma que habló yo.
Yo vivo en Galicia, pero no soy gallega"

Éste é o argumento base da queixa, o paradóxico é que está chamando
precisamente a "radio galega".

Cousas veredes!!!!!!!!!!!!!!

jueves, 13 de diciembre de 2012

UN MINUTO DE MEDITACIÓN

EFECTOS ECONÓMICOS DO IMPERIALISMO

Un dos efectos do Imperialismo é a transformación das actividades económicas en
proveito do invasor. Neste fragmento de "Memorias de África" ( Sydney Pollack. 1985)
vemos un exemplo: a poboación local é empregada no monocultivo de café.
   O invasor impón a actividade económica retirando a poboación autóctona das súas
ocupacións.
    Nesta película a relación entre ambas partes presenta unha visión bastante optimista. Na realidade, na maioría dos casos
o maltrato a poboación autóctona era unha constante.



IMPERIALISMO E COLONIALISMO

Retratos da escravitude en Brasil.

martes, 11 de diciembre de 2012

OSCAR NIEMEYER, poética arquitectónica

"A vida é un sopro.Todo se acaba. Dicenme que despois que eu morra,
outras persoas veran a miña obra. Pero esas persoas tamén morrerán.
 E virán outras, que tamén marcharán.
A inmortalidade é unha fantasía, unha maneira de esquecer a realidade.
O que importa, mentres estamos aquí, é a vida, a xente.
Abrazar ós amigos, vivir feliz. Cambia-lo mundo.
E nada máis".

                                 O. Niemeyer