martes, 28 de septiembre de 2021

O MONTE MEDULIO, A RESISTENCIA GALAICA FRONTE Á OCUPACIÓN ROMANA

Continúa sendo unha incognita a ubicación do monte Medulio. 
Onde era ese lugar que pasou a historia como un exemplo de resistencia  
fronte a Roma?. 
A localización é confusa, 
neste enlace podedes encontrar argumentos das diferentes 
teorías.
Interesante a última publicación que sitúa o Monte
Medulio en Castelo de Parada, no Pereiro de Aguiar.
Alí aparece unha inscripción en pedra" Sicenata Pacata"
"Vencidos, Pacificados".

Neste enlace podes ler un artígo sobre estes sucesos. 
"Denantes mortos que escravos", 
parece que foi a consigna deste pobo. 
Castelao xa no século XX incorporou esta frase 
ao proxecto de escudo para Galiza.

O esculo esta sostido por unha serea, 
a modo de tenante heráldico. 
A serea é unha figura que aparece en varias lendas galegas, 
unha delas a da illa de Sálvora. 
Mira neste enlace para ter máis información

A INDEPENDENCIA DAS COLONIAS INGLESAS EN AMÉRICA: EE.UU