miércoles, 23 de noviembre de 2022

O 25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

 

O 25 de novembro de 1960,

as irmás Patria, Minerva e María Teresa Mirabal,

tamén coñecidas como Bolboretas,

foron asasinadas por participar na resistencia

contra a ditadura do dominicano Rafael Trujillo.

O suceso inspirou o Día Internacional da

Eliminación da Violencia contra a Muller.

Este xoves conmemóranse 40 anos do Día Internacional

de Non Violencia Contra as Mulleres

e ademais festexaranse os 30 anos da campaña

16 días de activismo contra a violencia de xénero.

Aínda que a celebración do 25N foi oficializada

o 17 de decembro de 1999 pola Organización de Nacións Unidas (ONU),

o certo é que a loita por erradicar a violencia de xénero ten longa data.

Pasaron os anos,

pero as Mirabal quedaron cristalizadas na memoria colectiva

de activistas feministas que 21 anos despois,

en 1981, levaron a cabo o Primeiro Encontro Feminista Latinoamericano

e do Caribe en Bogotá, Colombia,

e decidiron que cada 25 de novembro celébrese

o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Dous anos antes, en 1979, a ONU

conseguira a aprobación da Convención

sobre a eliminación de todas as formas

de discriminación contra a muller (Cedaw)

e, en 1999, a Asemblea Xeral recoñeceu

o 25 de novembro como o

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.



O dictador Trujillo, responsable destas mortes e de outras moitas, inspirou a novela de Mario Vargas Llosa, "A festa do Chibo" VER LA RESEÑA DE LA OBRA

jueves, 3 de noviembre de 2022

ACOSO ESCOLAR.

TOD@S temos que estar concienciados, o trato amable e o respeto aos demáis debe ser a norma. Que reflicte o acoso? a insatisfación, a inseguridade ,e o sufrimento da persoa que acosa. Pero...a víctima? tamén sofre impotente , moitas veces ante o silencio da súa contorna. Rompamos con consciencia a cadea do maltrato. Decidamos ser amables, empáticos e compasivos. Estaremos mellorando o mundo e mellorándonos a nós mesmos. INICIEMOS A CADEA DE FAVORES... VER ESTE VIDEO
Fotografía de ROBER DOISNEEU