martes, 31 de marzo de 2020

FRASE DO DÍA

























A importancia de centrarnos no positivo.
Centrarnos en todo o que temos e non
nas carencias que nos provoca esta
situación actual.

 

 Para axudar en todo este proceso: MEDITACIÓN, como práctica ÁNIMO.
 
 

2º BACH- A ÚLTIMA ETAPA DA 2º REPÚBLICA. VICTORIA DO FRONTE POPULAR E GOLPE DE ESTADO

En febreiro de 1936 celebráronse as últimas eleccións
da 2ºRepública e as últimas libres en España
en máis de 40 anos.

lunes, 30 de marzo de 2020

4º ESO- O NACEMENTO, NO CONTEXTO DA CRISE DE 1929, DO FASCISMO ITALIANO E O NAZISMO ALEMÁN

A crise de 1929 repercutiu nas economías europeas
e propiciou o nacemento de correntes políticas totalitarias;
Nazismo alemán e Fascismo italiano.
Consideraban éstes que habían sido inxustamente tratados
despois da 1º Guerra Mundial e creceu o resentimento.

Benito Mussolini e Adolf Hitler se presentan como salvadores,
"Mesías" e organizan toda unha esceneografía para
impresionar e convencer a poboación.

viernes, 27 de marzo de 2020

PRÁCTICAS DE SAÚDE FÍSICA E MENTAL. TODO VAI UNIDO

NAMASTÉ
" EU saúdoche", "Eu inclínome diante túa".
Nas clases de yoga é moi común
que comece a práctica con NAMASTÉ,
e remate con NAMASTÉ.
É unha forma de mostrar respecto
e agradecemento a outra persoa.

Esta entrada no blog é para animaros
a facer prácticas saúdables.
O yoga é un recurso xenial.
Notarás unha melloría de ánimo e
física. En estes momentos é preciso
ter rutinas de salud e de interiorización.
Estar con nos mesmos, vivindo o "ahora"
e aceptando a situación que nos toca
vivir.

Este é un video de inciación.
 XUAN LAN, está facendo
actualmente directos as 18:00
cada día. Podedes buscala en youtube.

Normalmente comeza con unha
pequena meditación, y termina
tamén con unha dedicación da
práctica a un propósito positivo.

MUCHO ÁNIMO
Y FELIZ PRÁCTICA.



2º BACHARELATO- REFORMA EDUCATIVA -2º REPÚBLICA

REFORMA EDUCATIVA:

As  bases da reforma foron facer
unha educación gratuíta e laica.
O plan era ambicios, contaban
construir 27.000 novas escolas
primarias. A realidade foi que entre 1931-33
construíronse 13.000 escolas e
incrementouse tamén o número
de mestr@s.


Toma nota e amplia as ideas do libro e o esquema con este video.

4º ESO. A GRAN DEPRESIÓN EN IMAXES. DOROTHEA LANGE

DOROTHEA LANGE ( 1895-1965)
Fotoperiodista americana, moi coñecida
pola súa obra "Gran Depresión". Reportaxe
fotográfico, encargado pola Oficina
de Administración da Seguridade Agraria.

Estas imaxes tentaron concienciar a población
americana das penalidades que se estaban
vivindo coa depresión.

O capitalismo clásico americano( non intervención
pública e o mercado como regulador da
oferta e a demanda) facía que moitas persoas
foran remisas a que o Estado tomara medidas.

O New Deal (Novo Trato ) ideado por F.D.Roosevelt
expuña unha política de intervención
( obras públicas para dar emprego, subvencións..)
 para superar os efectos da Gran Depresión en U.S.A.







Esta imaxe é unha das máis coñecidas no mundo da fotografía.
Un referente creativo e revindicativo.

DOROTHEA LANGE " Díxome que tiña 32 anos,
e que vendera as rodas do coche para mercar alimentos.

Estiveran vivindo de verduras conxeladas e páxaros mortos.
Alí estaba, sentada nunha tenda cobertizo cos seus fillos,
agochados o seu redor"

miércoles, 25 de marzo de 2020

DEBATE SOBRE O VOTO FEMININO; CLARA CAMPOAMOR - VICTORIA KENT. 2º REPÚBLICA- 2º BACH.

Momento clave na 2º República foi o debate sobre o VOTO FEMININO.
Dúas opcións:
CLARA CAMPOAMOR: Defende o voto feminino.
VICTORIA KENT: Plantea que o voto feminino debe pospoñerse.

-Investiga as causas destas dúas posturas,
e a de outros políticos como Sr. Ayuso e
Indalecio Prieto.

-Por que formaban parte do Parlamento
Victoria Kent e Clara Campoamor sendo mulleres?.



PROFUNDIZAMOS NA BIOGRAFÍA DESTAS MULLERES,
PROTAGONISTAS DUNHA ÉPOCA.

VICTORIA KENT VER

CLARA CAMPOAMOR VER

martes, 24 de marzo de 2020

SEGUIMOS CON ESTOICOS- EPÍCTETO




 EPÍCTETO: s.I,II. Un dos filósofos máis importantes do estoicismo.
Viviu case toda a súa vida como escravo.
 "O sabio é o que acepta de boa gan todas as circunstancias da vida, pois comprende que non ten outra opción".
 ATARAXIA: ANTE TODO SERENIDADE DE ESPÍRITU. 
ÁNIMO PARA TOD@S.

O CRAC DE 1929. CAUSAS, CONSECUENCIAS E POLÍTICAS PARA PALIAR A CRISE ( NEW DEAL)- 4º ESO.

Despois de ver os videos, unha vez interiorizado o esquema de mínimos que tendes no blog e no libro. Contestade ás preguntas que planteo na aula virtual. ÁNIMO.

lunes, 23 de marzo de 2020

"QUIERO VER EL ROJO DEL AMANECER, UN NUEVO DÍA BRILLARÁ, SE LLEVARÁ LA SOLEDAD"

FRASE DE MARCO AURELIO

Marco Aurelio, emperador romano, orixe hispano. s.II
Filósofo estóico. O seu gran legado: "Meditacións"
resultado de reflexións morais de influencia estóica
(Epicteto).
O obxetivo: ATARAXIA ( lograr un ánimo imperturbable)
unha utopía?
Difícil non perturbarse en estes días,
busquemos a ATARAXIA. a UTOPÍA é posible.

4º ESO- TEMA 8: O PERIODO DE ENTREGUERRAS

INDICACIÓNS PARA O MEU ALUMNADO DE 4º DE ESO

OLA!!! Espero que estedes ben, levando esta situación con ánimo.
Vamos continuar avanzando no noso programa.
Cando voltemos a clase faremos as exposicións do traballo grupal.
( 1º Guerra mundial e Revolución Rusa)
Mentras tanto seguimos no tema 8: PERIODO DE ENTREGUERRAS.
     
        1.- Interiorizar ideas principais, Texto e esquema que vou por no blog.
        2.- Profundizar e resolver tarefas que figuran na aula virtual.


PLAN SEMANA: 23-27 DE MARZO:
-Interiorizar o esquema da etapa de entreguerras.
 Figura no blog, e tamén no libro de texto.
-Realizar unha práctica na aula virtual que vou por o martes 24.

Vamos a traballar como si estiveramos en clase. É unha oprtunidade
para a autoformación. É moi importante plantearse unhas rutinas diarias
de traballo. SORTE E SAÚDE PARA TOD @S.

viernes, 20 de marzo de 2020

INDICACIÓNS PARA O MEU ALUMNADO DE 2º BACH


1.- ÁNIMO, " isto tamén pasará".
2.-Traballo constante e atitude positiva.
3.-Método:

   1.- MEMORIZAR, "INTERIORIZAR" o esquema :
         Presentación da 2º República( blog).
   2.- PROFUNDIZAR, AMPLIAR IDEAS; serán
        calificadas na Aula Virtual as diferentes tarefas.
   3.- ELABORAR VOCABULARIO:
        será tamén revisado na aula virtual.

4.- Plan semanal:
     .23- 27 de marzo: profundizar nas grandes reformas
      da 2ºRepública.
     .30 marzo- 3 de abril: A Guerra Civil, sublevación e dimensión
       internacional.

A FRASE DE HOXE, BERTRAND RUSSELL

BERTRAN RUSSELL
Filósofo, matemático, escritor británico.
Premio Nobel de literatura en 1950.
Pacifista e un gran humanista.

martes, 17 de marzo de 2020

FRASE DE HOXE, HENRY DAVID THOREAU

Henry David Thoreau, americano. Comezos século XIX. Moi recomendable ler: "Walden, a vida nos bosques". É tan reveladora, tan contracorrente! Thoureau estaba convencido de que os seres humanos solo poden ser felices en contacto coa natureza. Cantos Thoreau necesitariamos para facer un mundo mellor?

lunes, 16 de marzo de 2020

2º BACH- PRÁCTICA NA AULA VIRTUAL : CASAS VIEJAS

VER ESTE VIDEO E O VIDEO MEMORIA DE ESPAÑA 2º REPÚBLICA, DENDE O MINUTO 24.

2º BACH: A 2º REPÚBLICA

OLA! HOXE COMEZAMOS AS CLASES ON LINE

Nestes momentos podemos estar en contacto on line, podemos tentar conectarnos virtualmente e sentir que estamos unid@s nesta espera...preocupante. Dende hoxe comezo con un poema de Alfred Tennyson, "Ulises" Cada día un poema, cada día un estímulo poético, para transcender e sentirnos vivos.

miércoles, 4 de marzo de 2020

CONFLICTOS DERIVADOS DO IMPERIALISMO




  VER ESTE VIDEO: AS GUERRAS DO OPIO

O Xenocidio no Congo Belga- un drama silenciado

O drama e o sufrimento de miles de Congoleños.
 Unha novela que aborda o tema do colonialismo,
do choque cultural, do racismo e a violencia humana é
"O corazón das tebras" de Joseph Conrad (1899) 

Joseph Conrad quedou horrorizado da brutalidade
coa que trataban Europeos os nativos africanos.
Esta obra é unha profunda crítica ao Imperialismo occidental.

Esta novela inspirou moitos anos máis tarde
a película Apocalypse Now de Francis Ford Coppola(1979)