domingo, 25 de diciembre de 2011

CARAVAGGIO

Merece a pena ver un pouco máis da obra de Caravaggio.vida

HERMITAGE no Prado; O Tañedor de laúd, Caravaggio




CARVAGGIO,Italia 1571-1610

Único Caravaggio que hai en Rusia.
A obra foi un encargo do Cardeal Francesco do Monte. Nela vemos un personaxe ambiguo tocando o laúd. Violín e partituras representadas como naturezas mortas.

Caravaggio prepara para cada cliente escenas de complicada lectura cheas de claves que inclúen segundas ou terceiras interpretacións. Nesta obra manifesta con este xoven andróxino a alegoría do amor pola música como medio de alcanzar o amor perfecto.

A figura andróxina simboliza a unión de contrarios ( feminino e masculino),ausencia de loita, perfección.
Ideais do Neoplatonismo.
A luz funciona como un personaxe máis, simboliza o sobrenatural, o divino.
Esta obra está na mesma clave que Concerto de Xóvenes.
Aquí aparece un autorretrato do autor, a figura central que mira directamente ó espectador.



miércoles, 21 de diciembre de 2011

FELIZ NADAL

  En breve comezo unha serie.
  Cadros da exposición do Hermitage no Prado.

  Disfrutade do Nadal


martes, 13 de diciembre de 2011

As Bágoas de Boabdil

Boabdil    "Non chores como muller o que non soubeches defender como un home"

    A lenda española dice que esta frase a pronuncio u Aixa, nai de Boabdil  cando éste perdeu Granada.
    ( 2 de xaneiro de 1492)

     Deixar a Alhambra xustifica máis dun millar de lágrimas.
     Unha pregunta: ¿os homes non choran?

sábado, 10 de diciembre de 2011

OMAR KHAYYAM,"Rubaiyyat"

Estamos comezando a estudar a arte islámica. Inspirémonos con alguhna cita poética.
Omar Khayyam matemático, astrónomo, médico, filósofo persa ( 1040-1131).
  Con "Rubaiyyat" descóbrese a fisonomía dunha sociedade orientada cara o goce amable das efémeras alegrías da vida.


             La aurora ha llenado de rosas
             la copa del cielo.
             
             En el aire de cristal se agota
             el canto del último ruiseñor.
             El olor del vino es más ligero. 
             
             Y pensar que en este momento
             los insensatos sueñan con gloria
             y honores. 
           
            ¡Qué sedosa es tu cabellera ,
             mi bienamada!.
                                                                        (edición en castelán)

domingo, 4 de diciembre de 2011

A Enerxía Solar. "Lámpada solar"

Nesta web podemos ver un exemplo de tecnoloxía simple.
sol + botella de plástico + auga limpa + lixivia + altas doses de enxeño = 60 vatios.
Estas iniciativas demostran a agudeza da necesidade.
Con un pequeno coste, pódese construir un mundo mellor. ver

miércoles, 30 de noviembre de 2011

Agricultura

O agro español pasou dunha agricultura tradicional a outra de mercado. As novas técnicas agrícolas, as demandas de mercado e a Unión Europea están a mudar a especialización rexional.

España foi durante moito temo unha potencia pesqueira, pero actualmente ten problemas para acceder os caladoiros.

O futuro do sector se presenta complexo.


martes, 29 de noviembre de 2011

Arte Islámico

Con esta presentación nos aproximamos a conceptos fundamentais da arte islámica.

Ánimo,
xa pasaron os exames do primeiro trimestre.

domingo, 27 de noviembre de 2011

Nómadas

Os viaxeiros van en busca de hospitalidade,
en pobos soleados,
nos baixos fondos da inmensidade.
(Franco Battiato)

sábado, 26 de noviembre de 2011

Xeografía das desigualdades

O libro de James Mollison, Where children Sleep, preséntanos diferentes historias de nenos do mundo.
Os cuartos onde durmen son unha clara pista da súa vida.
Moitos sofren a pobreza e, o que é peor, o desamparo.

sábado, 19 de noviembre de 2011

ARTE-Roma. Pompeya

Pompeya é o exemplo de cidade romana. Estes dous videos mostrannos a vida urbana. O Foro e os seus principais edificios; templos, teatro, termas...Podemos entrar nas casas observando os frescos que adornas as súas paredes. Casa Vetti, Vila dos Misterios.
O seu triste final aínda conmóvenos



miércoles, 16 de noviembre de 2011