miércoles, 23 de noviembre de 2022

O 25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

 

O 25 de novembro de 1960,

as irmás Patria, Minerva e María Teresa Mirabal,

tamén coñecidas como Bolboretas,

foron asasinadas por participar na resistencia

contra a ditadura do dominicano Rafael Trujillo.

O suceso inspirou o Día Internacional da

Eliminación da Violencia contra a Muller.

Este xoves conmemóranse 40 anos do Día Internacional

de Non Violencia Contra as Mulleres

e ademais festexaranse os 30 anos da campaña

16 días de activismo contra a violencia de xénero.

Aínda que a celebración do 25N foi oficializada

o 17 de decembro de 1999 pola Organización de Nacións Unidas (ONU),

o certo é que a loita por erradicar a violencia de xénero ten longa data.

Pasaron os anos,

pero as Mirabal quedaron cristalizadas na memoria colectiva

de activistas feministas que 21 anos despois,

en 1981, levaron a cabo o Primeiro Encontro Feminista Latinoamericano

e do Caribe en Bogotá, Colombia,

e decidiron que cada 25 de novembro celébrese

o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Dous anos antes, en 1979, a ONU

conseguira a aprobación da Convención

sobre a eliminación de todas as formas

de discriminación contra a muller (Cedaw)

e, en 1999, a Asemblea Xeral recoñeceu

o 25 de novembro como o

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.



O dictador Trujillo, responsable destas mortes e de outras moitas, inspirou a novela de Mario Vargas Llosa, "A festa do Chibo" VER LA RESEÑA DE LA OBRA

jueves, 3 de noviembre de 2022

ACOSO ESCOLAR.

TOD@S temos que estar concienciados, o trato amable e o respeto aos demáis debe ser a norma. Que reflicte o acoso? a insatisfación, a inseguridade ,e o sufrimento da persoa que acosa. Pero...a víctima? tamén sofre impotente , moitas veces ante o silencio da súa contorna. Rompamos con consciencia a cadea do maltrato. Decidamos ser amables, empáticos e compasivos. Estaremos mellorando o mundo e mellorándonos a nós mesmos. INICIEMOS A CADEA DE FAVORES... VER ESTE VIDEO
Fotografía de ROBER DOISNEEU

lunes, 24 de octubre de 2022

A 1º REVOLUCIÓN INDUSTRIAL.

Unha reflexión sobre a importancia da 1º revolución industrial como punto de inflexión para comprender a economía e os procesos productivos actuais. Con referencias a España. VER ESTE VIDEO

domingo, 23 de octubre de 2022

UN PASEO POLAS RUINAS ROMANAS. A ANTIGA ROMA RECONSTRUIDA EN REDE

Como son agoras a ruinas da Roma Imperial e como eran. Unha visita virtual ao pasado. VER ESTE VIDEO
Coñecida como "Plastico di Roma Imperiale" o modelo foi encargado por Mussolini en 1933, representa a Roma no século IV d.C, na época de Constantino I. Agora está no Museo da Civilización Romana, un museo aberto na década de 1930 para mostar a historia da antiga Roma. Representa o propósito de realzar o pasado imperial e "recuperalo" por parte de Mussolini.

ARQUITECTURA ROMANA

A arquitectura romana fai unha fusión 
de elementos gregos e etruscos.
Os romanos tiñan como esencia o seu
caracter práctico, con unha sensibilidade
artística menos refinada que os gregos.
Aportan unha arquitectura utilitarista:
calzadas, acueductos, pontes, anfiteatros...
que cubría as necesidades dun enorme
Imperio.
O PANTEÓN DE AGRIPA O Panteón é unha obra colosal. Construido por Adriano, 117-138 d.C, sobre os restos dun templo anterior construido por Agripa, de ahí o seu nome. A cúpula é obra de gran innovación arquitectónica. VER ESTE VIDEO

jueves, 20 de octubre de 2022

domingo, 25 de septiembre de 2022

2º ESO. A IDADE MEDIA

A Idade Media é o periodo comprendido entre e o século v e o xv. Esta presentación resume as principais características desta etapa VER

A REVOLUCIÓN FRANCESA, CAMBIO CARA O MUNDO CONTEMPORÁNEO

A REVOLUCIÓN FRANCESA, 1789 fin do Antigo Réxime. Consagrou a Liberdade e a Igualdade xurídica, bases do actual estado de dereito. Reflexionemos sobre a realidade destas afirmacións. Todos iguais: clases sociais, homes mulleres? VER ESTA PRESENTACIÓN DO PROCESO EN 14´

A PROPORCIÓN ÁUREA

 A Proporción Áurea

formou e forma parte de moitas obras.

A búsqueda da harmonía visual e a 

clave da súa utilización,

A perfección , a harmonía entre as partes

representada pola letra grega PHI,

en honor a Fidias

VER

miércoles, 21 de septiembre de 2022

ARTE PREHELÉNICO: CRETA E MICENAS

 Lugar onde se desenvolve a arte prehelénica:

illas e costa de Grecia, no mar Exeo.

Creta ( cultura Minoica) 

e Micenas( na península Helénica) 

son zonas de multiples influencias,

enclace entre o mundo Exipcio e Asia Menor.

VER



 


O Laberinto de Knossos. O mito del MINOTAURO VER

martes, 13 de septiembre de 2022

4º ESO. QUE É O ANTIGO RÉXIME

Este video expón dunha forma clara
e moi visual as características do
Antigo Réxime. 
Elabora un esquema conceptual
coas ideas que plantexa.

O ANTIGO RÉXIME

 O Antigo Réxime, é o termo que utilizaron

os revolucionarios franceses para definir

a etapa anterior á Revolución Francesa.

Como era Europa occidental antes da nosa etapa contemporánea?

VER

domingo, 11 de septiembre de 2022

HISTORIA CONTEMPORÁNEA: AS CORRENTES HISTORIOGRÁFICAS

A Historiografía, etimoloxía:"O que escribe a historia"
Os historiadores convertéronse nunha clase profeional 
e foron establecendo diferentes teorías e métodos 
que se coñecen coma CORRENTES HISTORIOGRÁFICAS.
Cal é a metodoloxía de cada unha delas?
VER

lunes, 25 de abril de 2022

25 DE ABRIL, ANIVERSARIO DA REVOLUCIÓN DOS CARAVEIS EN PORTUGAL

o Pobo é quen máis ordena!
 ¡grándola, vila morena!.
 Do cantautor portugués José" Zeca" Afonso, converteuse na sinal da Revolución dos caraveis

sábado, 12 de febrero de 2022

PRODUTOS NATURAIS PARA O ESTRÉS

ASHWANDHA , é un arbusto de folla perenne
asíatico e africano. Ten moitas propiedades:
Favorece o máximo rendimento físico e mental
en etapas de alta esixencia e estrés.

O Magnesio axuda a diminuír o cansazo.
Tamén contribúe ao funcionamento normal
do sistema nervioso e dos músculos.

Os adaptógenos naturais son sustancias  
que demostraron ser seguras 
e mellorar os síntomas do estres, 
axudando ao organismo a adaptarse 
ás circunstancias e mellorando o rendemento físco 
e intelectual.

Neste video Nuria Coll
artífice dun proxecto interesantisimo de difusión 
sobre a alimentación saudable, 
entrevista ao doutor Alberto Muhammad Wulff. 
Este doutor é unha eminecia 
no tema dos Adaptógenos naturais. 
Anímovos a escoitalo 
e si tedes tensión, durmides mal... veais este video. 
Tamén o podeis escoitar en formato podcast
eu é como o fago, mentres saídes a camiñar ...Ánimo.

domingo, 6 de febrero de 2022

O SEXENIO DEMOCRÁTICO

 

 Unha vez visto: 
 A) realiza un esquema conceptual da etapa do sexenio democrático. 
Utiliza como recursos: 
-información que plantexa o video. 
-libro de texto. 
B)cita que posibles documentos podrían utilizarse para composicións relacionadas con este tema.
 

domingo, 30 de enero de 2022

TANXUGUEIRAS, comparemos letras. Sobran comentarios.

Ai-la-ra-la-la, ai-la-ra-la-la-ah 
 Ai-la-ra-la-la, ai-la-ra-la-la-la 
 Ai-la-ra-la-la, ai-la-ra-la-la
 Ai-la-ra-la-la 
 Esta noite hai foliada, 
esta noite hai serán Agárdoche no terreiro, 
compañeiriña leal Compañeiriña leal, 
compañeiriña leal 
 Esta noite hai foliada Para cantar veño eu coa pandeireta na man 
 Aturuxa canda min, que nos escoiten berrar 
 Que nos escoiten berrar, que nos escoiten berrar 
 (Coa pandeireta na man) 
 Ai-la-ra-la-la, ai-la-ra-la-la-ah 
 Ai-la-ra-la-la, ai-la-ra-la-la-la 
 Ai-la-ra-la-la, ai-la-ra-la-la, ai-la-ra-la-la 
 Non hai fronteiras Canta ti, cantarei eu, co xeito das nosas nais 
 Festexarémos a vida da xente que está a bailar
 Da xente que está a bailar, da xente que está a bailar 
 (Co xeito das nosas mans) 
 Ai-la-ra-la-la, ai-la-ra-la-la-ah 
 Ai-la-ra-la-la, ai-la-ra-la-la-la
 Ai-la-ra-la-la, ai-la-ra-la-la, ai-la-ra-la-la 
 Ez dago mugarik 
 Ai-la-ra-la-la, ai-la-ra-la-la-ah 
 Ai-la-ra-la-la, ai-la-ra-la-la-la 
 Ai-la-ra-la-la, ai-la-ra-la-la, ai-la-ra-la-la 
 No hi ha fronteres
 Aí veñen, aí veñen, veñen pra quedar 
 Esas bravas gorxas de fondo cantar 
 De fondo cantar, de fondo cantar 
 Aí veñen, aí veñen, veñen pra quedar 
 Veñen pra quedar, veñen pra quedar, veñen pra quedar 
 Veñen pra quedar, veñen pra quedar 
 Veñen pra quedar, pra quedar, pra quedar, pra quedar 
 Veñen pra quedar, veñen pra quedar 
 Veñen pra quedar 
 Ai-la-ra-la-la, ai-la-ra-la-la-ah 
 Ai-la-ra-la-la, ai-la-ra-la-la-la 
 No hai fronteras




A letra que vai a Eurovisión: 

 et’s go! Llegó la mami 
La reina, la dura, una Bugatti 
El mundo está loco con este party 
Si tengo un problema, no es monetary 
Yo vuelvo loquito’ a todos los daddies 
Yo siempre primera, nunca secondary 
Apenas hago doom, doom
 Con mi boom, boom 
Y le tengo dando zoom, zoom Por Miami




domingo, 9 de enero de 2022

VÍTIMAS DO ABSOLUTISMO DE FERNANDO VII

Ferando VII no seu desexo de continuar nun modelo de monarquía absoluta, non tiña compaixón. Exemplos son o execución de JUAN DÍAZ PORLIER e MARIANA PINEDA.
VER ESTE ARTIGO