lunes, 24 de octubre de 2022

A 1º REVOLUCIÓN INDUSTRIAL.

Unha reflexión sobre a importancia da 1º revolución industrial como punto de inflexión para comprender a economía e os procesos productivos actuais. Con referencias a España. VER ESTE VIDEO

domingo, 23 de octubre de 2022

UN PASEO POLAS RUINAS ROMANAS. A ANTIGA ROMA RECONSTRUIDA EN REDE

Como son agoras a ruinas da Roma Imperial e como eran. Unha visita virtual ao pasado. VER ESTE VIDEO
Coñecida como "Plastico di Roma Imperiale" o modelo foi encargado por Mussolini en 1933, representa a Roma no século IV d.C, na época de Constantino I. Agora está no Museo da Civilización Romana, un museo aberto na década de 1930 para mostar a historia da antiga Roma. Representa o propósito de realzar o pasado imperial e "recuperalo" por parte de Mussolini.

ARQUITECTURA ROMANA

A arquitectura romana fai unha fusión 
de elementos gregos e etruscos.
Os romanos tiñan como esencia o seu
caracter práctico, con unha sensibilidade
artística menos refinada que os gregos.
Aportan unha arquitectura utilitarista:
calzadas, acueductos, pontes, anfiteatros...
que cubría as necesidades dun enorme
Imperio.
O PANTEÓN DE AGRIPA O Panteón é unha obra colosal. Construido por Adriano, 117-138 d.C, sobre os restos dun templo anterior construido por Agripa, de ahí o seu nome. A cúpula é obra de gran innovación arquitectónica. VER ESTE VIDEO

jueves, 20 de octubre de 2022