lunes, 27 de abril de 2020

2º BACH- O EXILIO DOS NENOS DA GUERRA CIVIL

Os nenos foron os grandes olvidados da Guerra Civil.
Según o historiador R.Salas Larrazábal, durante
a guerra morreron 138.030 nenos.

Sumado a esto está o exilio de miles de nenos.
Uns 34.000 nenos de entre 3 e 15 anos foron
evacuados de todo o Estado.

O goberno republicano fixo un chamamento
internacional " Axuda a nenos españois".
Responderon Francia, Inglaterra, Suiza,
URSS e México.
En marzo de 1937 saen os primeiros 400
nenos evacuados.
A maioría destes nenos e nenas volveron,
salvo o caso Ruso, que pasaron a ser
coñecidos como " Nenos de Rusia".


2º BACH- FOTÓGRAFOS DA GUERRA CIVIL: A IDENTIDADE DE ROBERT CAPA

Durante a Guerra Civil dous fotógrafos destacaron
dunha forma significativa:
GERDA TARO e ENDRE FRIEDMAN
 Estes nomes son as identidades reais do
fotógrafo ROBERT CAPA. Este foi o
seudónimo, intersexual inventado por
Gerda .
Esta parella traballou o unísono realizando
reportáxes fotográficos que firmaban
con este pseudónimo masculino,
ROBERT CAPA.
Gerda quedou escurecida pola asociación
do pseudónimo a Endre Friedman, ó que
 atribuiron a maior parte das fotografías.
Con todo, "A maleta Mexicana", un
conxunto de pequenas caixas de cartón
desaparecidas durante décadas( contiñan
entre 3000 e 4000 fotografías e negativos,
demostraron que Gerda disparou
moitos destes negativos.
Que factores conspiraron para facela
invisible?
GERDA TARO foi a primeira fotoperiodista
de guerra , que morreu en plena acción.


A fotografía máis emblemática da Guerra Civil foi "Morte dun miliciano"
A autenticidade da imaxen foi cuestionada, este video plantea a hipótese da súa veracidade.
 GERDA TARO queda reflexada na novela " A moza da leica" de Helena Janeczek
(premio Strega 2018 en Italia). Esta é unha novela sobre a fotógrafa alemana
onde revindica a súa importancia e o inxusto da súa falta de recoñecemento.

viernes, 24 de abril de 2020

2º BACH- O BOMBARDEO DE GUERNICA

O 24 de abril 1937 prodúcese o bombardeo de GERNICA
pola lexión Cóndor, unidade aérea da Luftwaffe, ó
servizo da causa franquista.
O bombardeo o sufriu unha poboación civil indefensa.
A finalidade era desmoralizar á poboación civil.

A proxección internacional que tivo este
bombardeo pon de manifesto a división ideolóxica
mundial que augura a 2º Guerra Mundial.

jueves, 23 de abril de 2020

2º BACH. OS CARTEIS DA GUERRA CIVIL

O CARTELERISMO na Guerra Civil
non desenvolveu só un labor de
propaganda, senón que avogou tamén
por ser un medio de difundir as ideas.

O cartelerismo foi un arte de VANGARDA






Podes ver neste ENLACE os mellores carteis da
Guerra Civil e da 2º República.

4º ESO- A REFORMA EDUCATIVA NA REPÚBLICA

Os cambios en educación na 2ºRepública
resumen a filosofía e os ideais de igualdade
e de búsqueda de mellora da sociedade.

A educación foi un dos piares máis
importantes. Mestres e Mestras
traballaron por un ensino público,mixto,
laico e solidario.





 FEDERICO GARCÍA LORCA,creador da iniciativa do teatro ambulante por toda España. "A BARRACA"

miércoles, 22 de abril de 2020

23 DE ABRIL, DIA MUNDIAL DO LIBRO E OS DEREITOS DE AUTOR

O confinamento da a oportunidade de dedicar máis horas á lectura.
Se non o fixeches xa, hoxe é un bo día para empezar.

 

DÍA INTERNACIONAL DA NAI TERRA

A NATUREZA é a que está a saír
beneficiada desta pandemia.

martes, 21 de abril de 2020

4º ESO- DEBATE SOBRE O VOTO FEMININO, 2º REPÚBLICA

CLARA CAMPOAMOR e VICTORIA KENT
protagonizaron un intenso debate.
Clara a favor, e Victoria en contra do
voto das mulleres.
As dúas eran políticas, feministas
e defensoras da muller.
Cal é a causa da diferente opinión
que tiñan sobre o voto feminino
nese momento ambas políticas?.

É sorprendente o que opinaban sobre
o voto das mulleres algúns dos
parlamentarios masculinos:
" as mulleres teñen debilidade psiquica"
"as mulleres son histéricas e irracionais".

viernes, 17 de abril de 2020

4º ESO- A SEGUNDA REPÚBLICA

Despois da Dictadura de Primo de Rivera,
as eleccións do 12 de abril de 1931
demostraron unha clara vontade de cambio.
O triunfo Republicano foi evidente.

A aceptación da Dictadura por parte
do rei Alfonso XIII foi un feito imperdoable.
Como iba reinar democráticamente
despois disto?.

Alfonso XIIIante os resultados electorais
abandona o trono e entramos nunha
nova fase: A SEGUNDA REPÚBLICA.

Antes de profundizar, interioriza
este esquema conceptual.


jueves, 16 de abril de 2020

2ºBACH. A DIMENSIÓN INTERNACIONAL DA GUERRA CIVIL

BRIGADAS INTERNACIONAIS

Estiveron formadas por voluntarios dun amplo
abano ideolóxico, todos movidos por a
solidaridade en defensa da causa republicana.

A súa intrvención foi moi importante na
defensa de Madrid.
Varios escritores estiveron no conflicto
comprometidos tiveron inspiración
para as súas obras.

Enrest Hemingway "Por quen dobra as campás",
a súa muller Martha Gelhorn considerada
unha das corresponsais de guerra máis
importantes do século XX.

Martha Gelhorn, nuha carta a Eleanor Roosevelt,
escribe dende Barcelona no ano 1938:
" E sabe outra cousa? Este país é demasiado
fermoso como para que os fascistas
fágano seu. Xa converteron Alemaña,
Italia e Austria en algo repugnante que mesmo
a paisaxe é fea...
hai que salvar España para a xente decente,
é demasiado fermosa para desperdiciala".

Outro escritor que participou na guerra
foi George Orwell, escribiu " Homenaxe a Cataluña",
que serviu de inspiración para "Rebelión na Granxa".

Algúns brigadistas acabaron convertíndose en
figuras políticas importantes:

Willy Brandt: alcalde de Berlín e despois
chanceler alemán.

David Alfaro Siqueiros: pintor mexicano .

martes, 14 de abril de 2020

2º BACH- PROTAGONISTAS DA GUERRA CIVIL- QUEIPO DE LLANO

Queipo de LLano,
Responsable da propaganda política 
radiofónica.
Xeneral golpista,
figura controvertida, 
protagonista de arengas radiofónicas
que incitaban ó exterminio do rival
ideolóxico e a violación sistemática.

4º ESO- DICTADURA DE PRIMO DE RIVERA.

Continuamos co tema 9:
ESPAÑA NO PRIMEIRO TERZO DO SÉCULO XX.
Despois de ver todos os elementos que propiciaron
a crise da Restauración na práctica anterior,
pasamos a instauración dunha dictadura militar
imposta polo xeneral Primo de Rivera en 1923. 
Este video plantea as claves para estas cuestións:
-Como foi posible a súa instauración?.
-Que política seguíu o novo réxime?
-Por que acabou dimitindo o dictador?


sábado, 11 de abril de 2020

AUTOCOÑECEMENTO VOCACIONAL

monicadizorienta.blogspot.com

Mónica Diz é a orientadora do
IES A Sardiñeira. Ten no seu blog
infinidade de información moi
interesante para o alumnado,
profesorado, pais e nais de secundaria.

Aquí inclúovos unha serie de videos
onde se desenvolve o autocoñecemento
vocacional.

Neles analízanse os diferentes factores
a ter en conta:



1.- Introdución á orientación:
 2.- Capacidades cognitivas:
 3.-Estilos de aprendizaxe:
 4.-Resultados académicos:
 5.- Gustos persoais:
 6.- Como me vexo, como me ven:
7.- Que quero ser:
8.- A influencia da contorna:

martes, 7 de abril de 2020

2º BACH. A GUERRA CIVIL: O INICIO DO PENSAMENTO ÚNICO.

"A lingua das Bolboretas"

Non consigo ver o final da "Lingua das Bolboretas"
sen sentir unha emoción enorme.
A impotencia, o medo e a deshumanización
froito da imposición ideolóxica.
O terror como arma para paralizar
e obrigar a priorizar a supervivencia.

Ese era o mundo no que creceron
as xeracións da guerra e da
posguerra.

" A Lingua das Bolboretas",
 está baseado no libro de Manuel Rivas,
"Que me queres, amor?".
Narra a cotidianidade galega en 1936.
Mostra o labor da nova educación.

Decenas de mestres apoiaron as labores
educativas republicanas.
Grazas a esta labor foi posible
a alfabetización do pobo.

Este labor foi cruelmente reprimida
polo franquismo, quen levará a cabo 
un castigo cruel, sistemático e ordenado
contra os mestres.

lunes, 6 de abril de 2020

domingo, 5 de abril de 2020

EDUARDO AUTE, "A BELEZA"

Onte morreu L.Eduardo Aute.
Este poema é sublime.

"Revindico el espejismo
de intentar ser uno mismo,
ese viaje hacia la nada
que consiste en la certeza
de encontrar en tu mirada,
LA BELLEZA..."

Boa viaxe!




viernes, 3 de abril de 2020

4º ESO. NOVO TEMA

Vamos comezar novo tema.

TEMA 9: ESPAÑA NO PRIMEIRO TERZO
DO SÉCULO XX(1902-1939)

Vamos iniciar o tema coa
a crise da Restauración.
Alfonso XIII inicia o seu reinado
en 1902. Este feito coincide coa forte
crise provocado polo desastre de
1898 ( pérdida das colonias).
Para contestar as preguntas
da aula virtual sobre a
SEMANA TRÁXICA DE 1909
E A CRISE DE 1917:

MIRA ESTE VIDEO , dende o minuto 28

2º BACH- NOVO TEMA : A GUERRA CIVIL.

Vamos comezar un novo tema.
A GUERRA CIVIL.
Tema clave e dramático.
 Sería interesante que traballarades neste novo tema,
empezando por interiorizar o esquema.
Empezamos coma sempre co esquema conceptual.
A semana seguinte a Semana Santa,
faremos as prácticas de profundización
de contidos.
TRABALLO DE SEMANA SANTA: INTERIORIZAR ESQUEMA.

ÁNIMO E SAÚDE PARA TOD@S


FRASE DO DÍA

Cando o que podemos facer para axudar
é quedarnos na casa.
Os paxaros cantan máis alto ou é que
non se escoita o ruído dos coches?

"Levanteime esta mañá, 
sorrín co SOL NACENTE,
tres paxariños achéganse ao limar
da miña porta, cantando cancións doces,
con melodías puras e verdadeiras.

Dicindo: esta é a miña mensaxe para tí".

"NON TE PREOCUPES POR NADA,
TODO ESTARÁ BEN".