jueves, 28 de mayo de 2020

RECURSOS PARA OS TRABALLOS DE 4º DE ESO

1.- A GUERRA FRÍA: O MURO DE BERLÍN

Un infranqueable pano de aceiro, en palabras de Winston Churchill,
dividiu Europa e o mundo enteiro.







2.- OS CONFLICTOS DA GUERRA FRÍA:
  
    VIETNAM: No territorio da colonia francesa de Indochina,
ao rematar a Segunda Guerra Mundial iniciouse unha longa guerra,
primeiro contra Francia e logo contra os Estados Unidos.
Un clásico do cine: APOCALYPSE NOW  é unha película americana de 
1979, dirixida por F.Ford COPPOLA, que representa as atrocidades
do que foi este conflicto, o "horror".
  O guión está baseado na obra "corazón das tebras", de Joseph Conrad.
Ambientada nos abusos brutais coloniais no Congo Belga. É unha 
película de culto, moi interesante de ver.



  A CRISE DOS MISILES  : en 1959, a guerrilla revolucionaria de Fidel Castro
fíxose co poder en Cuba. A súa política de nacionalización dos recursos económicos 
provocou a hostilidade do goberno de Estados Unidos, que declarou o boicot
económico a Cuba.
O goberno soviético ofreceu a súa axuda ao réxime de Castro.
Un momento de máxima tensión entre os bloques foi a Crise dos Misiles.

3.- A DESCOLONIZACIÓN: CONFLICTO  PRÓXIMO ORIENTE.

Ao rematar a Segunda Guerra Mundial, na zona de Oriente Próximo, a presenza
colonial presentaba formas diversas.

Existían países independentes, como Irán e Iraq, baixo a influencia británica,
e algúns protectorados franceses ( Siria e Líbano) e británicos (Xordania e Palestina).

A situación máis complexa dábase en Palestina, onde un elevado número de po-
boación xudía aspiraba a crear un Estado propio. Esta demanda fíxose moito máis forte 
cando algúns países apoiaron a creación do Estado de Israel como unha compensación
polo Holocausto .

A creación de Israel contou desde o primeiro momento coa oposición dos países 
árabes e a poboación musulmá de Palestina, que se enfrontaron belicamente ao novo 
Estado.
Este feito iniciou un conflicto que pasou por diferentes fases, e que se mantén 
vixente ata os nosos días.
É unha das cuestión máis graves e enquistadas da política internacional.

Estes videos ilustran dunha forma obxetiva a oríxe do conflicto. Pero hai un dato
que é interesante resaltar: cando se crea o Estado de Israel por a resolución da ONU,
en 1947 o territorio adxudicado aos xudeos era o 55% coa particularidade do dominio
de practicamente toda a zona costeira. A costa mediterránea oviamente é un valor 
importantísimo para calquer estado da zona. O reparto parte dende o seu inicio dunha
clara desigualdade.  O primeiro video ilustra claramento con mapas todo o proceso,






 4.- FIGURAS CLAVES DA DESCOLONIZACIÓN:

    - MAHATMA GANDHI




- PATRICE LUMUMBA:

Patrice Lumumba é unha figura que emociona.
A valentía en denunciar os abusos cometidos polos belgas durante a colonización
e a negativa a aceptar o dominio económico posterior a descolonización firmaron
a súa sentencia de morte.

As imáxes do seu arresto son conmovedoras. A súa camisa branca e o seu
estupor e impotencia nos recorda o cadro de Goya " Os fusilamentos do 3 de maio".
Novamente " Impotencia ante a barbarie".


sábado, 23 de mayo de 2020

martes, 19 de mayo de 2020

2º BACH- MOMENTO CLAVE: O ATENTADO DE CARRERO BLANCO. 1973

En decembro de 1973 prodúcese o atentado contra Carrero Blanco,
Xefe do Goberno Español.
Esta morte tivo numerosas consecuencias ; o sector inmobilista
denominado "Bunker" conseguiu que Franco nomeara, como
sucesor de Carrero, a un membro da liña dura: Carlos Arias Navarro.
Carlos Arias Navarro sería anos máis tarde o que anunciaría
o tan repetido e visto discurso "Españoles, Franco ha muerto".

Os autores do atentado non foron xuzgados e se beneficiaron
da anmistía do ano 1977.


2º BACH- CONSOLIDACIÓN E FINAL DO FRANQUISMO

sábado, 16 de mayo de 2020

2ºBACH- O PLAN DE ESTABILIZACIÓN ECONÓMICA- " MILAGRE ESPAÑOL"

Despois do fracaso da economía autárquica, que retrasou
ata finais da década dos 50 o desenvolvemento económico,
comeza o despegue co PLAN DE ESTABILIZACIÓN.

O pacto con EEUU( 1953), a pesar de non haber sido
España incluída no PLAN MARSHALL, e o ingreso na
ONU (1955) fortalece un réxime instalado no inmobilismo
político pero que inicia unha lenta evolución económica.

Durante o bienio 1957-59 un novo goberno levou a cabo
unha serie de medidas adicadas a cambiar a economía .
GOBERNO DE TECNÓCRATAS: grupo de técnicos
economístas do OPUS DEI.

domingo, 10 de mayo de 2020

2º BACH. ECONOMÍA FRANQUISTA. PRIMEIRA ETAPA: AUTARQUÍA

Ao remate da guerra o país quedou devastado.
Era urxente un proceso de recuperación económica.
Se implantan as CARTILLAS DE RACIONAMENTO,
que permitían comprar ,de forma limitada , productos básicos.

Xorde o ESTRAPERLO, mercado negro que esquivaba
o razonamentoao que estaban sometidas todas as familias.


 O obxetivo será a AUTARQUÍA, acorde aos plantexamentos do fascismo italiano,
tan admirado polos dirixentes falanxistas, que opinaban que un país non podía ser
independente políticamente si non era económicamente autónomo.


A DICTADURA FRANQUISTA- SECCIÓN FEMENINA

SECCIÓN FEMENINA, fundada por PILAR PRIMO DE RIVERA.
Foi un instrumento clave de Franco para difundir entre as mulleres
os principios do nacional-catolicismo e os valores tradiccionais.

Máis de 600.000 mulleres inscritas foron educadas co obxeto de
converterse en " anxos do fogar"

4º ESO. CONSECUENCIAS DA GUERRA CIVIL ESPAÑOLA

sábado, 9 de mayo de 2020

4º ESO- GUERRA CIVIL, AXUDA MILITAR AO BANDO FRANQUISTA

Italia, Alemania e Portugal apoiaron o alzamento franquista.
A victoria do bando nacional tivo moito que ver con esta axuda.

98.000 soldados entre alemáns e italianos viñeron a loitar a
España fronte aos 4.000 da URSS; único país que apoiou á República.

Alemania e Italia aportaron 1500 avións fronte ós 680 da URSS.

Clave nesta colaboración foi a LEXIÓN CONDOR,
operación secreta que non foi recoñecida por Hitler.
GUERNIKA, foi un dos obxetivos da aviación alemá.

Cal foi a causa de este obxetivo?, en xeral sembrar o terror
entre milicianos e gudaris vascos así como experimentar con
bombas para obter os mellores resultados.

GUERNIKA foi o campo de probas . A aviación alemá elixe
un día de mercado para que o efecto na poboación fora
máis dramático.

Este video profundiza na LEXIÓN CONDOR, e na
intervención na Guerra Civil.

lunes, 4 de mayo de 2020

BENIGNO ANDRADE, "FOUCELLAS", o último FUXIDO.

Unha vez sometida Galicia, as persoas que
se mantiveron leais á república só tiñan
unha forma de defenderse e de organizarse
fronte á represión franquista: a guerrilla.

A guerrilla xurde de forma espontánea,
instinto de supervivencia de homes
e mulleres que se botaron aos montes
para fuxir da rpresión. Os fuxidos.

O Foucellas, foi o fuxido de máis sona.
Tardaron 16 anos en capturalo, en 1952
e os poucos meses aplicaronlle o "Garrote Vil".

domingo, 3 de mayo de 2020

2º BACH. A CONSTRUCIÓN DO ESTADO FRANQUISTA

7 DOS PAÍSES QUE LOITAN MELLOR CONTRA O CORONAVIRUS ESTÁN LIDERADOS POR MULLERES

O Washintong Post reflexiona sobre esta situación e conclúe:

" As mulleres lideraron as propostas máis rápidas á epidemia
e agora están conseguindo a volta ó traballo máis temperá.
Teñen menos marxe de erro porque demostran ser máis previsoras,
lanzaron as medidas máis audaces de prevención e o seu 
liderado é máis eficaz, democrático, colaborador e compasivo"



2ºBACH- A ESPAÑA REPUBLICANA- FEDERICA MONTSENY

FEDERICA MONTSENY
Política, sindicalista e escritora anarquista.
Foi ministra durante a 2º República,
durante o goberno de Largo Caballero.
Foi a primeira muller con cargo ministerial
en España.
No periodo corto que durou o seu ministerio
planteou plans de acollida para a infancia,
listado de profesións para exercer persoas
con discapacidade e tamén a 1º lei do
aborto en España.
Cando sae do goberno en maio do 1937,
opina que dende o goberno non se pode
facer ningún cambio social, sendo o
único camiño a Revolución libertaria.

Neste documental do ano 1991, Federica
Montseny comenta a súa experiencia vital,
e a súa permanente militancia anarquista.
Os minutos claves do video, dende o
minuto 25´.
Moi interesante a referencia a Casas
Viejas, a reflexión sobre a tensión
durante a guerra entre comunistas e anarquistas.
Todo o video resulta moi clarificador
do pensamento anarquista.

2º BACH- A ESPAÑA REPUBLICANA DURANTE A GUERRA CIVIL. BUENAVENTURA DURRUTI

Paralelo á Guerra Civil os anarquistas da CNT,
e gran parte da UGT emprenden unha profunda
REVOLUCIÓN SOCIAL,  e a súa expresión
máis significativa foron as COLECTIVIZACIÓNS:
Aragón, Andalucía, Castela- A Mancha.

En xullo e agosto de 1936 destacaron as
experiencias revolucionarias en CATALUÑA,
realizadas polo sindicato anarquista da CNT. 
A figura clave foi BUENAVENTURA DURRUTI,
lider da "Columna Durruti" que parte hacia
Madrid a frear o rápido avance dos sublevados.

En Madrid morre Durruti, sen cumplir o
sono da utipía libertaria.
Durruti é unha das grandes referencias do
anarquistmo español.
O estudo máis significativo sobre a súa
figura é a obra de Abel Paz: "Durruti en la
revolución española"