domingo, 3 de mayo de 2020

2ºBACH- A ESPAÑA REPUBLICANA- FEDERICA MONTSENY

FEDERICA MONTSENY
Política, sindicalista e escritora anarquista.
Foi ministra durante a 2º República,
durante o goberno de Largo Caballero.
Foi a primeira muller con cargo ministerial
en España.
No periodo corto que durou o seu ministerio
planteou plans de acollida para a infancia,
listado de profesións para exercer persoas
con discapacidade e tamén a 1º lei do
aborto en España.
Cando sae do goberno en maio do 1937,
opina que dende o goberno non se pode
facer ningún cambio social, sendo o
único camiño a Revolución libertaria.

Neste documental do ano 1991, Federica
Montseny comenta a súa experiencia vital,
e a súa permanente militancia anarquista.
Os minutos claves do video, dende o
minuto 25´.
Moi interesante a referencia a Casas
Viejas, a reflexión sobre a tensión
durante a guerra entre comunistas e anarquistas.
Todo o video resulta moi clarificador
do pensamento anarquista.

No hay comentarios:

Publicar un comentario