viernes, 21 de diciembre de 2012

PROPÓSITOS PARA O NOVO ANO

Repito o video das navidades 2011-12.
Necesitamos recordar os própositos do ano pasado.
¿cales estamos logrando?
¿cales temos pendentes?
ánimo, comeza un novo ano!!!!!


.

 Como contéxto, que diríamos nos comentarios de historia, as cousas cada día parece que se poñen máis "costa arriba".
 Miremos con ironía a nosa crucifixión.
 BO NADAL A TOD@S



Unha particular interpretación da boa educacción

Unha señora chama indignada, ao programa
" Pensando en tí" da radio galega,
para queixarse de que o locutor fale en galego.
Frase da dita señora, que merece un marco:
" Usted por educación tiene que hablar el idioma que habló yo.
Yo vivo en Galicia, pero no soy gallega"

Éste é o argumento base da queixa, o paradóxico é que está chamando
precisamente a "radio galega".

Cousas veredes!!!!!!!!!!!!!!

jueves, 13 de diciembre de 2012

UN MINUTO DE MEDITACIÓN

EFECTOS ECONÓMICOS DO IMPERIALISMO

Un dos efectos do Imperialismo é a transformación das actividades económicas en
proveito do invasor. Neste fragmento de "Memorias de África" ( Sydney Pollack. 1985)
vemos un exemplo: a poboación local é empregada no monocultivo de café.
   O invasor impón a actividade económica retirando a poboación autóctona das súas
ocupacións.
    Nesta película a relación entre ambas partes presenta unha visión bastante optimista. Na realidade, na maioría dos casos
o maltrato a poboación autóctona era unha constante.



IMPERIALISMO E COLONIALISMO

Retratos da escravitude en Brasil.

martes, 11 de diciembre de 2012

OSCAR NIEMEYER, poética arquitectónica

"A vida é un sopro.Todo se acaba. Dicenme que despois que eu morra,
outras persoas veran a miña obra. Pero esas persoas tamén morrerán.
 E virán outras, que tamén marcharán.
A inmortalidade é unha fantasía, unha maneira de esquecer a realidade.
O que importa, mentres estamos aquí, é a vida, a xente.
Abrazar ós amigos, vivir feliz. Cambia-lo mundo.
E nada máis".

                                 O. Niemeyer

martes, 6 de noviembre de 2012

A PINTURA ROMÁNTICA

O convulso e apasionado século XIX nas obras de arte románticas.
Todo un manifesto de enerxía vital.

viernes, 26 de octubre de 2012

ARTE NA RÚA

Fotografías dun artista da rúa, anónimo, apodado Banksy.
Crítica ó sistema que invita á reflexión.

martes, 11 de septiembre de 2012

ARTE EFÍMERA

LAND ART por Jim Denevan.  Fai obras temporais en area,terra..,
que son borradas polas ondas e o clima

sábado, 8 de septiembre de 2012

ABOVE AND BELOW

Máis de 2.000 familias viven entre os mortos, no cemiterio Navotas, en Manila.
 Os bebés nacen e os mortos son enterrados no mesmo lugar

martes, 19 de junio de 2012

viernes, 8 de junio de 2012

DALLE A VOLTA Ó MUNDO

Día SOMOS, 8 de xuño, unha iniciativa solidaria.
Pon do revés as prendas que uses hoxe.
 

miércoles, 6 de junio de 2012

RECICLAXE DO TETRABRIK


 Designer: Ed Chew

 PARA VER MÁIS: http://www.yankodesign.com/2011/04/11/liquid-to-light/

martes, 5 de junio de 2012

5 de xuño, día mundial do MEDIOAMBIENTE

VOCABULARIO XEOGRAFÍA-Palabra pendente

ola!
sorte para tod@s nos exames da selectividade!.
SEGURIDADE e CONCENTRACIÓN !!!!!


Tomade nota deste concepto que quedou pendente:
FOZ: ten varias acepcións:
1.sector no que un río conflúe con utro ou desemboca nun lago ou no mar.
2. estreitamento ou encaixamento que se produce nun río que discorre entre as montañas.



Esta imaxe representa a foz que creou un río que abandonou o seu cauce orixinal. En Cuenca.

 Un exemplo de toponimia é FOZ, na provincia de Lugo.
 A etimoloxía responde a que a cidade está na boca do río Masma.

martes, 29 de mayo de 2012

A VIAXE DA VIDA

Os alumn@s, ex-alumn@s, comezades unha nova etapa.
O discurso de Steve Jobs, na Universidade de Stanford,
é un bo estímulo para iniciala.Toda unha filosofía de vida :
Seguir o voso corazón, todo o demáis e secundario,
a paixón debe ser o motor das vosas vidas.


"Continuade  famentos, continuade aloucados"

lunes, 21 de mayo de 2012

NAS NUBES

Para @s alumn@s que soñan e están nas nubes.
O futuro presentase próspero e feliz, ánimo!

viernes, 18 de mayo de 2012

lunes, 14 de mayo de 2012

ANIVERSARIO 15 M

Este video resulta inquietante. Responderá todo a unha estratexia planificada?.




Os políticos nos plantexan que non hai outra alternativa que a que nos propoñen.
Inspirador o libro " Hay alternativa. Propuestas para crear empleo y bienestar social 
en España". Na súa dedicatoria dice así:


"A todas las personas, y especialmente a las más jóvenes,
que a partir del 15M han salido a las calles para rechazar
las políticas neoliberales que recortan los derechos sociales
y para reclamar otras medidas alternativas
y más justas para salir de la crisis"



domingo, 6 de mayo de 2012

QUE É A GLOBALIZACIÓN?

CAMILLE CLAUDEL

As últimas diapositivas da presentación de Auguste Rodin  están adicadas a CAMILLE CLAUDEL.
Camille é o símbolo dramático do que era ser muller e artista a fins do século XIX.

Amante de Auguste Rodin sufriu unha dobre adversidade, quedar á sombra dun xenio por ser muller, e por iso mesmo carecer de autonomía legal.

Depois de sufrir unha profunda depresión foi encerrada pola súa famila nun manicomio.
A pesar da recuperación non ha deixaron sair. Estivo encerrada ata a súa morte , 30 anos. A súa vida

AUGUSTE RODIN, O IMPRESIONISMO ESCULTÓRICO

sábado, 5 de mayo de 2012

IMPRESIONISMO

Con ironía e escepticismo nace a definición de "Impresionismo".
O crítico de arte Louis Leroy fai mofa do cadro que dará nome o movemento
Impresión, Sol nacente ( 1872-1873)

sábado, 28 de abril de 2012

SOUL- FANKY

Un pouco de música soul- fanky. Retira os mobles e crea espazo.
 Practica a coreografía, é Sábado, bailar senta xenial.  ANÍMATE.
YOU CAN DANCE

jueves, 26 de abril de 2012

jueves, 19 de abril de 2012

domingo, 15 de abril de 2012

FLY

séntate, reláxate e pon o volume.
Estás nun fantástico paseo.
Eres libre.

jueves, 12 de abril de 2012

ROMANTICISMO

 Conciencia da individualidade
 Diferencia fronte o común
 Liberdade fronte o despotismo
 Orixinalidade fronte o canon
 Creatividade fronte a imitación
 Imperfección fronte o perfecto

ROMANTICISMO, dende fins do século XVIII ata primeira metade do século XIX:

sábado, 7 de abril de 2012

MOSS GRAFFITI

Graffiti con musgo. Graffiti ecolóxico. Musgo nas paredes. O musgo sustitúe a tóxica e química pintura. Xa hai moitos eco-graffitis en Francia e Alemania. Nestes videos podes ver a técnica.

jueves, 22 de marzo de 2012

BON VOYAGE

Este venres iníciase a excursión a París.
Paris, o Sena, Bateaux Parisiens, torre Eiffel, Louvre....
 a única ventaxa de quedar e non sufrir despois pola perda.
 Loin des yeux, loin du coeur

Bon Voyage!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
 

miércoles, 21 de marzo de 2012

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Cada 21 de marzo celébrase o día mundial da poesía. Coa entrada da Primavera, conmemóramos a liberdade absoluta do verbo e da creación.
En tempos de crise a poesía é bálsamo para as nosas feridas.


JOSÉ ANGEL VALENTE


 LA POESÍA
Homenaje a Rosalía de Castro
Se fue en el viento,
volvió en el aire.

Le abrí en mi casa
la puerta grande.

Se fue en el viento.
Quedé anhelante.

Se fue en el viento,
volvió en el aire.

Me llevó adonde
no había nadie.

Se fue en el viento,
quedó en mi sangre.

Volvió en el aire.






viernes, 9 de marzo de 2012

REDEMPTION.

11-3-2011.TSUNAMI de XAPÓN
Dous días para que se cumpla o primeiro aniversario


sábado, 3 de marzo de 2012

EXAME DO LUNS, XEOGRAFÍA

OLA!
Mirade as presentacións.
O vocabulario específico o tendes no propio tema.
Conceptos: Balanza de Pagamentos- Terciarización- Producto Interior Bruto-
Terciario Superior.
Xa falta menos!

viernes, 2 de marzo de 2012

O Sector Terciario en España.- Características xerais

Aproximación a conceptos xerais do sector terciario. Visualizade gráficos e imáxes.
Traballar a memoria visual e os esquemas conceptuales.





ánimo e sorte nos exames

jueves, 23 de febrero de 2012

LUIS MORENO MANSILLA, un gran arquitecto

Luis Moreno Mansilla morreu onte os 53 anos de idade . Inesperada desaparición dun dos arquitectos contemporáneos máis importantes.
Xunto con Emilio Tuñón son responsables entre outras do MUSAC de León. Ambos arquitectos
foron galardonados por esta obra co premio Mies Van de Rohe, no ano 2007.
O paradóxico é que estaba en Barcelona para asistir a presentación dun libro centrado
na vida e obra de outro arquitecto: Enric Miralles. Miralles moreu de forma inesperada ós
45 anos. Fatal coincidencia!.

MUSAC DE LEÓN












O TURISMO EN ESPAÑA- características e retos


explicación con audio,dende a 6 diapositiva;

viernes, 17 de febrero de 2012

ENTROIDO

Comeza o Entroido, podemos liberarnos do políticamente correcto.
O combate entre Don Carnal e Doña Cuaresma, tema deste cadro de Brueghel o Vello.( 1525-1569)



detalle da obra:

martes, 7 de febrero de 2012

ANTONIO TÁPIES

En Memoria de Antonio Tápies, (Barcelona 1923-2012)
Pintor autodidacta, surrealista nos inicios.Nas primeiras obras influencia de Paul Klee e Joan Miró.
Máis tarde evoluciona cara o Expresionismo Abstracto e a "Arte Póvera".
A súa aportación máis singular, dende 1953, será a técnica mixta; engadindo á obra arxila, trapos..






lunes, 6 de febrero de 2012

O BOSCO, Jerónimo Bosch

O Bosco, pintor neerlandés( 1450-1516) é un referente para o Surrealismo contemporáneo.

Sarcástico,grotesco, e con unha imaxinación onírica, o pintor presenta os males da humanidade.

Os seus cadros están cargados de símbolos
e referencias apocalípticas.

domingo, 29 de enero de 2012

RACISMO

Este video foi realizado como parte dunha campaña contra o Racismo en México.
Os resultados amosan as respostas da maioría dos nen@s que foron entrevistad@s.

Que contestarían os nosos nenos?
Ti que pensas?

miércoles, 18 de enero de 2012

UNHA LICENZA POÉTICA. l´envol

Air France - L'Envol from Air France on Vimeo.


Fantástico anuncio da axencia de publicidade Euro RSCG.
Música de Mozart: Adagio Concerto n.23.
Coreografía de Angelin Prejlocaj

lunes, 16 de enero de 2012

AGRICULTURA ECOLÓXICA- Productos saudábles

Dende fai moito tempo a Agricultura Ecolóxica presentase como unha opción prometedora.

Que promete???????

productos saudables para o noso corpo e respecto e protección do medio.
A agroecoloxía é unha realidade en toda Europa.
Ante a crise, nas últimas décadas do sector agrario, a agricultura ecolóxica
resulta unha solución rentable e responsable.

O modelo agrario galego podería adaptarse perfectamente a esta nova
forma de producción.

Sen embargo, no mercado ordinario, non vemos á venda productos
ecolóxicos frescos. A pouca oferta existente resulta cara.
É posible que a agricultura ecolóxica deixe de ser elitista?


Actualmente hai iniciativas comprometidas coa saúde, a ecoloxía,
e a solidaridade social.

En Ourense funciona unha Cooperativa de Consumidoras e Agricultoras:
Semente. Abre este enlace, esta organización demostra que outra forma de consumo
e posible.


Como alegoría ós productos agrarios podemos ver algún cadro 
de Arcimboldo
Representa rostros humáns apartir de froitas, plantas, animais
e flores.

"somos o que comemos"





miércoles, 11 de enero de 2012

MeCaNoGrAfÍa PaRa To2

Si tendes dificultades para escribir correctamente, no teclado do ordenador,
propóñovos unha páxina xenial.
Resulta divertido aprender con xogos e prácticas amenas.


Para @s que non sabedes e para @s que queredes mellorar velocidade,ánimo.

ver aquí



viernes, 6 de enero de 2012

ICONOGRAFÍA DOS REIS MAGOS

Como vimos no mosaico de San Apolinar a representación dos reis e diferente da actual.
No século XIV os Reis Magos adquiren un carácter universal.
Dende entón simbolizan as tres razas humanas.
Baltasar pasa a representarse como un home negro con turbante.

Este carácter universal queda de manifesto no retablo portugués da Catedral de Viseu, 
onde Baltasar e un indio con xabalina emplumada.
A intención era incluir os novos territorios conquistados polos portugueses:
A amazonia.

jueves, 5 de enero de 2012

REIS MAGOS


"Nado, Xesús en Belén de Xudá nos días do rei de Herodes,
chegaron de Oriente a Xerusalén uns magos
dicindo, Onde está o rei dos xudeos que acaba de nacer?"
                                              Mateo 2,1-2

Mateo non concreta o número nin o nome.
A primeira vez que aparecen os nomes dos tres reis magos é neste mosaico
de San Apolinar Nuovo, Rávena
arte Bizantino mediados do século VI.


"E ó entrar na casa, viron ó neno coa súa nai María e, prostrándose,
 o adoraron; e abrindo os seus tesouros, ofreceronlle presentes:
ouro, incenso e mirra."
                                               Mateo 2,11

Melchor; larga cabeleira cana ofrece ouro, realeza divina.
Gaspar ,xoven sen barba ,incenso símbolo da espiritualidade .
Baltasar ,moreno, mirra ( anestésico para moribundos) símbolo de que o fillo
de home debe morrer.

Non aparece un rei negro?
deixamos eso pendente ata mañá.
ÉSTA É UNHA NOITE MÁXICA

domingo, 1 de enero de 2012

Non podo resistir a tentación de escoitar  a Ella Fitgerald
What are you doing new year`s eve
Estamos pensando........
falta pouco para volver as clases?

FELIZ ANO 2012!

Comeza un ano novo e un novo día.
CARPE DIEM como propósito.

O artista GATZ e a súa obra " Novo Día".