miércoles, 23 de junio de 2021

PODCAST : A SAL DA TERRA

 

Co alumnado de 4º da ESO iniciamos este curso un PODCAST: 

A SAL DA TERRA

Pensamos en crear uns relatos emotivos 

onde "encarnar" a mulleres significativas da historia contemporánea.

A muller esa figura oculta nos libros de texto,

queremos comprendela e valorala, 

coas súas luces e sombras.

Abordamos o relato dende a emoción,

narrando a historia  vital de mulleres 

tan diferentes e a vez tan similares. 

A esencia humana é inmutable: a capacidade de superación, 

o sufrimento, a ilusión , o propósito...son unha

constante nas historias.

Aquí está a primeira: OLYMPE DE GOUGES.

Marie Gouze, máis coñecida por Olympe de Gouges,

foi unha pioneira dos dereitos femininos.

Durante a Revolución Francesa( s.XVIII)loitou

ata entregar a súa vida. Escribiu o Primeiro Manifesto

"Dereitos da Muller e da Cidadá"

Aquí reclamou un trato igualitario da muller 

en relación ao home, en todos os aspectos da vida

tanto públicos como privados.