domingo, 7 de junio de 2020

A TRANSICIÓN DEMOCRÁTICA: paso da Dictadura á Democrácia.

O desmantelamento do franquismo:
Xoán Carlos nomeou presidente do Goberno a Adolfo Suárez, un antigo falanxista que
optara polo aperturismo.
Suárez buscou o apoio da oposición, que acabou aceptando unha ruptura pactada.
En 1976 , as Cortes franquistas aprobaron a Lei de Reforma Política.


O 23 de Febreiro de 1981, un grupo de gardas civís, ao mando do tenente coronel
Antonio Tejero, irrompeu violentamente no Congreso de Deputados. Paralelamente,
o capitán xeneral Jaime Milans del Bosch sublevábase en Valencia para acabar coa
democracia.
A actuación do rei, a falta de apio da xerarquía militar e a unidade de todas as forzas
democráticas fixeron fracasar o golpe.


O EXILIO E A OPOSICIÓN AO FRANQUISMO

Que destino tiveron os exiliados? como se xestaron e medraron os partidos e movementos da
oposición? por que é necesaria a recuperación da memoria histórica?.

A voz dos exiliados:

"Franco, túa é a facenda,
a casa, o cabalo e a pistola.
Miña é a voz antiga da terra.

Ti quedas con todo e déixasme
espido e errante polo mundo...
Máis eu déixote mudo...mudo!"

León Felipe: " Repartición" 1940.

Preto de 400.000 persoas tomaron o camiño do exilio ao final da Guerra Civil por temor as
represalias.


Entre 1939 e 1945, grupos de partidarios da República , coñecidos co nome de maquis, aquí en
Galicia como fuxidos, resistiron acochados en zonas de montaña, onde realizaban emboscadas
armadas coa esperanza de que a derrota das potencias do Eixe causase a caída do franquismo.

FOUCELLAS , foi o fuxido máis carismático. VER  este video



AS MULLERES DURANTE O FRANQUISMO

Os avances en materia de igualdade xurídica da muller , que realizara a II República,
foron anulados polo réxime de Franco.
O argumento esgrimido polo franquismo foi a superioridade física e intelectual do home,
quen debía encargarse en exclusiva dos asuntos públicos e de proporcionarlle ingresos
a familia.  Que decir...sin comentarios!.

A influencia da Falanxe e da Igrexa na regulación das condicións de vida das mulleres
foi moi importante, ata o punto de que introduciron uns costumes e uns modelos sociais
moi sexistas e conservadores.

A SECCIÓN FEMININA: O modelo falanxistas. Reforza a idea dunha muller submisa
e obediente, esposa e nai, que debía atender en exclusiva as tarefas domésticas.

Este video, VER, resume as características da Sección Feminina.


A desigualdade quedou consagrada no Código Civil e no Código Penal, que castigaba duramente
o adulterio das mulleres, mentres que era tolerante co dos homes. Tamén se derogou o matrimonio
civil e o divorcio.
As mulleres carecían practicamente de todo dereito laboral, o marido era o seu representante legal,
o que significaba a imposibilidade de ter un dereito básico como unha conta corrente ou mercar
ou vender sen autorización do marido. En definitiva a muller era unha menor de idade que nece-
sitaba ser tutelada. 












O FRANQUISMO: Estado totalitario. Da autarquía ao Plan de Estabilización

A dictadura de Franco foi un réxime totalitario, inspirado no fascismo
italiano, que gobernou España entre o 1939-1975.

Estes vídeos responden  as preguntas:
 Que réxime político instaurou o franquismo?
VER
Os efectos da Guerra Civil foron devastadores.O país perdeu case un
millón de persoas. Orixinouse unha grande escaseza de produtos
de primeira necesidade. A miseria transformouse nunha realidade cotiá.

Franco baseou a súa política económica na AUTARQUÍA e nun forte
dirixismo económico e intervención estatal. Este vídeo,VER, explica as
características de este modelo económico e os seus resultados reais.
 Ante a escaseza xeneralizada, o Estado impuxo cartillas de racionamento.
O racionamento de produtos fixo xurdir o mercado negro o chamado
ESTRAPERLO.Este vídeo, VER, explica a conexión entre autarquía e 
estraperlo.



A finais da década de 1950 , o fracaso da política autárquica, a nova situación internacional, e o
descontento popular convenceron ao réxime da necesidade dunha reorientación política e económica.
En 1957 entraron no goberno algúns ministros vinculados ao OPUS DEI, con criterios máis técnicos
e modernizadores. Estos tecnócratas deseñaron o PLAN DE ESTABILIZACIÓN, 1959

Obxetivo  era sustituir unha economía pechada con forte control estatal por unha economía
vinculada ao capitalismo internacional e con maior peso da iniciativa privada. Este video, VER, explica as súas características e resultados.

jueves, 4 de junio de 2020

STOP RACISMO

O pasado 25 de maio morreu G.Floyd, cidadán estadounidense negro de 46 anos.
G.Floyd morreu, despois de estar 8 minutos inmobilizado co pescozo oprimido
polo axente de policía que o custodiaba.
As gravacións mostran a Floyd implorando ó policía por non poder respirar.
A morte de este home abriu o debate e a indignación. De acorto cos datos
do The Washington Post ao redor de 1254 persoas negras perderon a vida
a mans de axentes da policía dende xaneiro de 2015.

Un horror! Que podemos facer nos?.
A resposta é clara ; concienciarnos e deixar de ser meras observadoras.
A frase de DESMOND TUTU resume a idea" Si eres neutral en situacións
de inxustiza, elixes o lado do opresor".

Unha actitude positiva é formarnos sobre a historia do racismo sistémico
en USA, e no resto do mundo. Que ler?... esta é una proposta:

1.- " Vida y voz de un hombre negro" , MALCON X.
  A vida de Malcon X é un exemplo de superación. O libro narra con detalle
como sacou de cada erro unha lección e como evolucionou no seu pensamento
e nas súas reivindicacións raciais.


























2.-"Los condenados de la tierra" , FRANTZ FANON.
O autor presenta nesta obra un argumento que abraza a realidade dos oprimidos.
Pioneiro do "Movemento de Descolonización" ,Fanon examina as causas e formas 
de racismo.
3.-"La libertad es una batalla constante", ANGELA DAVIS
Angela Davis, filósofa , activista afroamericana antirracista e feminista. Icono dos
Black Panters neste video fala sobre a violencia, a revolución e a realidade que viven
as persoas negras na América dos anos 60 e 70. 
Despois de décadas de loita, Angela  preguntase " como é posible levantarse  e 
defender a xustiza solo para un tipo de persoas e permitir que a inxustiza afecte a
outras?"

















4.- "Americanah" CHIMAMANDA NGOSI ADIHIE
Chimamanda é una escritora Nixeriana. Americanah" é unha novela sobre o amor,
a raza e o cabelo afro. 
Neste vídeo vemos unha conferencia da autora onde reivindica a identidade
e o orgullo racial. Neste discurso, de 2009,  salienta o perigo da historia única,
de como crea falsos estereotipos. A historia única crea unha gran dificultade para o 
recoñecemento da nosa igualdade humana.

lunes, 1 de junio de 2020

O XARDÍN DA CASA DE FORTUNY

O Museo do Prado na súa web presenta unha serie de videos
sobre diferentes obras de arte, motivado polo confinamento
do COVID-19.
 Unha das obras comentadas é  "O Xardín de Fortuny",
obra de Fortuny con una parte completada polo seu cuñado
Raimundo Madrazo.

Adoro a obra de Mariano Fortuny. A luz que capta dunha forma
tan intensa. A súa linguaxe preciosista. Esquisitez e beleza.

Enamorado de África e da súa cultura, que coñece a raiz de ser cronista
pictórico na 1º guerra de Marrocos en 1860. Fortuny crea unha atmosfera
exótica en todos os cadros con unha preocupación pola luz e a cor que
enlaza co Impresionismo.


 


A miña obra favorita de Fortuny é ..."Os fillos do pintor no salón xaponés".