jueves, 16 de mayo de 2013

O PAPEL DA MULLER

A desigualdad ,da que xa falamos,
no mundo contemporáneo non so
era  racial e económica.

A discriminación sexista ,e a difusión
dunha visión machista da sociedade,
non rematou despois da 2º Guerra
Mundial.

A Sección Femenina española con
Pilar Primo de Rivera, a cabeza,
difundiu o Manual da Boa Esposa.
Encargandose de adoctrinar nun
papel secundario e dependente
as mulleres
.

Toda a segunda metade do século XX,
dende, sobre todo, a década dos 60,as
revindicacións feministas revisan
os roles.

lunes, 13 de mayo de 2013

O INTERVENCIONISMO AMERICANO

No marco da Guerra Fría,
o mandato de Richard Nixon,
1969-74, supón a volta a políticas
intervencionistas no ámbito político.

Nixón pasará a historia polo Escándalo Watergate.
Este escándalo, 1972, culminou coa dimisión do
presidente en 1974.
A acusación demostrou que Nixon tivo un sistema
de gravación de cintas magnetofónicas e que
gravara conversacións na Casa Blanca.

A súa intervención e apoio as dictaduras
Chilena e Arxentina se analiza neste video

CONSTANTINO ROMERO

Morreu Constantino Romero.
Actor que doblou a grandes actores;
Roger Moore, Donald Sutherland,
Hamphrey Bogart, Clint Eastwood.

Sen embargo, non podo esquecer
o monólogo final de Blade Runner,
clásico do cine de Ridley Scott,1982.
Película baseada no libro ;
" Soñan os androides con ovellas
eléctricas?" de Philip Dick.

A voz fantástica
de Constantino Romero, 
en boca do androide Batty.






" Non sei" por que me salvou a vida.
Quizais neses últimos momentos amaba a vida
máis do que a amara nunca, non só a súa vida, 
a vida de todos, a miña vida. 
Todo o que el quería era as mesmas respostas 
que todos buscamos: de onde veño?,
onde vou?, canto tempo me queda?.
Todo o que eu podía facer era sentarme alí e velo morrer".

lunes, 6 de mayo de 2013

MARTIN LUTHER KING, unha voz pacífica contraria a desigualdade racial

O crecemento económico americano despois
da Segunda Guerra Mundial presenta as súas
contradicións,
A Desigualdade Racial ea Desigualdade Social.
A partires dos anos 60 corren novos tempos,
Martin Luther King co seu discurso
"I have a dream" , verbaliza a filosofía do cambio





DOROTHY COUNTS( nacida 1942)

Foi unha das primeiras estudantes negras admitidas no
Harding High School Harry, en carolina do Norte.
Tiña 15 anos e estivo acosada durante catro días.
Durante este tempo ía a clase, mentras moitas persoas
lle tiraban pedras e outros escupían.
A súa familia tivo ameazas e o seu pai decidiu
levarse a súa filla da escola.





POP ART

O POP-ART, alcanza o seu apoxeo durante os anos sesenta
en Estados Unidos.
Inician unha revisión da cultura de masas
recuperando con ironía esteriotipos visuais
procedentes da poblicidade, o cine..

Unha variante do POP ART centrouse,
dun modo literal, na iconografía e nas técnicas
dos medios de masas, recuperando
a súa lenguaxe e descubrindo a estética
de productos habitualmente despreciados
por esa cultura.
ANDY WARHOL, un dos artistas máis importantes
.