jueves, 5 de enero de 2012

REIS MAGOS


"Nado, Xesús en Belén de Xudá nos días do rei de Herodes,
chegaron de Oriente a Xerusalén uns magos
dicindo, Onde está o rei dos xudeos que acaba de nacer?"
                                              Mateo 2,1-2

Mateo non concreta o número nin o nome.
A primeira vez que aparecen os nomes dos tres reis magos é neste mosaico
de San Apolinar Nuovo, Rávena
arte Bizantino mediados do século VI.


"E ó entrar na casa, viron ó neno coa súa nai María e, prostrándose,
 o adoraron; e abrindo os seus tesouros, ofreceronlle presentes:
ouro, incenso e mirra."
                                               Mateo 2,11

Melchor; larga cabeleira cana ofrece ouro, realeza divina.
Gaspar ,xoven sen barba ,incenso símbolo da espiritualidade .
Baltasar ,moreno, mirra ( anestésico para moribundos) símbolo de que o fillo
de home debe morrer.

Non aparece un rei negro?
deixamos eso pendente ata mañá.
ÉSTA É UNHA NOITE MÁXICA

No hay comentarios:

Publicar un comentario