martes, 15 de octubre de 2013

O PODER CURATIVO DA AUGA

Masaru Emoto fotografou as moléculas da auga en estado natural
e tras tratalas con mensaxes tanto positivas coma negativas , 
os cambios que se observan nas moléculas de auga son incribles.
Cando as mensaxes son positivas as estruturas son belas e simétricas, 
cando as mensaxes son negativas a estrutura molecular é desordenada
e pouco estética.


Emoto quérenos facer ver a través das súas investigacións 
que a auga non só recolle información do lugar onde discorre
senón que tamén é sensible aos sentimentos e á consciencia.
Esa información faise marabillosamente visible ao cristalizarse a auga.
Se os cristais de auga se deforman ante calquera mensaxe, voz,
sentimento, música que se transmita no seu ámbito, 
modificando a súa mesma estrutura molecular,
realmente nos encontramos ante un descubrimento espectacular. 
Nós somos un 75% auga e segundo os estudos de Emoto
podemos modificar a estrutura das nosas moléculas de auga
en función dos nosos pensamentos. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario